try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

CONVOCATORIA PROBAS DE SELECCIÓN E APERTURA DO PRAZO PARA O ENVÍO DE MÉRITOS DOS ESTUDANTES ADMITIDOS NO ERASMUS+ CICLOS MEDIOS

Todos aqueles alumnos e alumnas que figuren na LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS para participar no programa ERASMUS+ DEPO 2020, publicada no taboleiro físico do instituto deberán realizar o seguinte:

1) ENVIAR A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS SEUS MÉRITOS

Dacordo ao baremo publicado os estudantes poderán achegar os seguintes títulos co obxectivo de seren valorados e incorporados ao seu baremo de méritos:

- Títulos de inglés e outros idiomas, emitidos pola Escola Oficial de Idiomas ou equivalentes.

- Títulos doutros Ciclos Medios que o alumno/a teña cursado con anterioridade aos estudos actuais.

Os estudantes deberán remitir a documentación anteriormente indicada ao enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 25 e o 30 de Maio (ambos inclusive). É importante que no "Asunto" do correo se indique o seguinte texto: “DOCUMENTOS BAREMO ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”.

2) ACUDIR AO INSTITUTO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN

Dacordo ao baremo publicado os estudantes deberán realizar as seguintes probas de selección co obxectivo de seren valoradas e incorporadas ao seu baremo de méritos:

- PROBA ORAL DE INGLÉS cun integrante do equipo de linguas do instituto. A tal efecto, os estudantes deberán presentarse na AULA 24 do instituto o mércores 26/05/2021 ás 18:30 h.

- ENTREVISTA PERSOAL con membros da Comisión de Valoración Erasmus+ Depo 2020. A tal efecto, os estudantes deberán presentarse na recepción do instituto o xoves 27/05/2021 ás 18:30 h.

 

Ante calquera dúbida ou pregunta os alumnos e alumnas poden poñerse en contacto co seu titor/a quen os porá en contacto co equipo responsable do programa.