try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR EN MOBILIDADES ERASMUS+ CICLOS MEDIOS

 

O instituto Ribeira do Louro forma parte do proxecto “ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2020”,coordinado pola Deputación de Pontevedra. Este programa ten como obxectivo ofrecerlle ao alumnado matriculado en Ciclos Medios de Formación Profesional a posibilidade de realizar prácticas laborais en países europeos, unha vez teñan obtido a súa titulación. 

Particularmente nesta convocatoria se ofertan DÚAS PRAZAS para mobilidades europeas (con posiblidade de incrementarse) e se poden presentar tódolos alumnos e alumnas que se atopen matriculados a día de hoxe no segundo curso dalgún  dos Ciclos Medios do instituto Ribeira do Louro.

En calquera caso no seguinte DOCUMENTO INFORMATIVO DA CONVOCATORIA pódese consultar información máis detallada sobre o funcionamento do programa.

Os estudantes interesados en participar deberán cumprimentar o seguinte FORMULARIO DE SOLICITUDE e envialo ao enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 12 e o 16 de Maio (ambos inclusive). É importante que no "Asunto" do correo se indique o seguinte texto: “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”.

 

Para calquera dúbida ou pregunta os estudantes deben dirixirse ao seu titor/a que será quen os poña en contacto coas persoas responsables do programa no centro.