Skip to Content

Día da Paz 2016

  

Hoxe conmemoramos o día da Paz no noso centro.

 

 

 

Ademáis e como integrantes da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos, convidámosvos a participar no 2º Concurso Xuvenil de Microrrelatos, esta vez o tema será “Primeiro as persoas, despois as fronteiras”. O contido do texto pódese centrar en calquera aspecto relacionado co título indicado: con refuxio, liberdade de desprazamento, dereito de asilo, emigración... a situación actual, o labor das ONGs, a resposta da cidadanía. A imaxe do cartel, dúas irmás separadas por unha fronteira, é bastante suxerinte. O texto do microrrelato terá unha extensión máxima de 250 palabras, e o prazo para a presentación vai dende o 8 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2016.

Para inspirar os vosos relatos poderedes atopar lecturas que teñen como temática a paz e a non violencia no taboleiro de Biblioribeira "Día da Paz".

Video da visita de Francisco Castro

O video  da charla do pasado día 11 de xaneiro a cargo do escritor Francisco Castro.

Preparando a visita do autor Francisco Castro

O luns 11 de xaneiro teremos a visita do autor Francisco Castro ao noso centro. A actividade consistirá nunha charla-coloquio arredor das súas dúas obras do club de lectura:

                  

 

In memoriam, Xosé Neira Vilas

 
Unha reportaxe fotográfica sobre a visita que o alumnado do clube de lectura fixo a Xosé Neira Vilas en Gres. 
 
 

Recomendacións, Nadal 2015

Velaquí as recomendacións para este Nadal:

"Explorando novos camiños"

 

25N, A comunidade educativa de Torneiros contra a violencia machista

 

 

 

Onte foi un día intenso, a comunidade educativa de Torneiros, saiu á rúa, como cada ano para denunciar a violencia de xénero. Xunt@s  IES Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, ACEESCA e o Centro de Maiores.

As mans fixeron unha cadea, os beizos leron poemas que  atoparon espazo no ambiente pesado dun día de néboa. A música tamén estivo presente no acto de peche da actividade. En Biblioribeira poderedes atopar unha selección de libros e películas en torno á temática.

Estes son algúns videos do acto.

 

O departamento de inglés uniuse ao acto cunha lectura colectiva do poema de Gioconda Belli "The man who loves me" proposto dende Biblioribeira. Aquí a entrada completa.

 

 

Poesía adolescente, conmemorando o día das bibliotecas escolares.

O pasado 4 de novembro celebramos o día das bibliotecas escolares colaborando nun recital poético organizado pola biblioteca Biblosvivos do IES Pedras Rubias. Para a ocasión empregouse a obra “CON TEXTURA DE FUME”, que reúne os poemas presentados a concurso por alumnas e alumnos de diferentes centros escolares, premiados ou seleccionados no Certame Rosalía de Castro de Poesía Escolar 2015.

Un acto entrañable, no que a música acompañou, un acto cheo de emoción, unha viaxe poética que nos permitiu afondar en sentimentos expresados a través das palabras do noso alumnado. 

Pinchade aquí para ver os videos do acto.

 

 

 


Lecturas terroríficas

Samaín, un pretexto para ambientar a biblioteca escolar e facer unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar aquí.

 


#cienciaengalego 2015

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. No IES Ribeira do Louro commemoramos o Día da Ciencia en Galego coa videoconferencia na que o neurocientífico Xurxo Mariño dende a Universidade da Coruña falounos de diálogos entre neuronas, de percepción sensorial, de construcción da realidade, da riqueza cognitiva da aprendizaxe das linguas, en definitiva, falou do cerebro humano.

 

 Ao final da actividade, o alumnado puido facer unha morea de  preguntas a través do hashtag #cienciaengalego que foi trending topic.

 

  • Ler ciencia en Biblioribeira é a nosa proposta, poderedes atopar unha selección de lecturas adicadas ás ciencias.
  • Programación do mes da ciencia.
  • Recursos para a ciencia da Asesoría de Bibiotecas escolares.

24 outubro "Biblioteca escolar, base de exploracións"

"Biblioteca escolar, base das exploracións" é o lema que se pode ler no cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería. Con el convidamos á comunidade educativa do noso centro a explorar o mundo. Queremos celebrar o día da biblioteca convidándovos a que pasedes, a que viaxedes por mundos reais ou imaxinarios e que atopedes na biblioteca un espazo especial.

Para commemorar este día realizaremos unha actividade de lectura compartida de poemas orixinais xunto coa Biblioteca escolar Biblosvivos no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas o 4 de novembro, do noso centro participarán @s alumn@s:

Sara Norniella López (gañadora do Premio de Poesía Rosalía de Castro 2015 na categoría do 1º ciclo da ESO.)

Laura Mazoy García

Clara Lorenzo Martínez

Daniel Otero Otero 



by Dr. Radut