Skip to Content

Blog da biblioteca

DOAZÓNS: Un hombre que se parecía a Cunqueiro

  

A familia de José María Besteiro, recoñecido productor televisivo e xornalista nado en Riotorto (Lugo) agasallounos cun exemplar da súa obra Un hombre que se parecía a Cunqueiro,  imaxinativo achegamento á figura cunqueiriana, á que Besteiro está unido por uns lazos familiares que forman parte dos seus mitos da infancia, o que lle dá pé a mesturar nas súas páxinas detalles sobre o autor coa súa propia biografía. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- MARCAPÁXINAS XELA ARIAS

En colaboración co EDL distribuímos entre a comunidade escolar un marcapáxinas sobre a autora sarriá elaborado pola RAG e un adhesivo deseñado pola profesora de debuxo Chus Colmenero.

 

 

 

ENCONTRO CON ESCRITORAS: María Reimóndez

 

O martes 4 de abril o alumnado de 1º de ESO asistiu a un encontro virtual coa escritora María Reimóndez, autora do libro A formiga destemida, que os rapaces leron para a asignatura de Lingua Galega e Literatura. Tras unha breve charla inicial  de María, a rapazada mantivo un coloquio coa autora facéndolle preguntas e plantexándolle as dúbidas que lle suscitou a lectura.

 

 

ACTIVIDADES AULAS PORTUGUÉS XORNAL NÓS

A nosa biblioteca está subscrita a varias publicacións, entre elas, o xornal Nós. A profesora de Lingua Portuguesa Dores Fernández Abel incorporouno de xeito cotián ao traballo nas súas aulas, aproveitando todas as posibilidades que ofrece.

 

 

RECITAL POÉTICO-MUSICAL DÍA DO LIBRO

O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora de Música María Ron a Biblioteca (cuxo equipo axudou a seleccionar os textos lidos)  foi escenario dun recital poético. O alumnado de 3º e 4º de ESO leu poemas nas distintas linguas do alumnado do centro con acompañamento musical en vivo e unha proxección audiovisual de fondo. O obxectivo, máis alá da mera celebración, foi o fomento da muliticulturalidade e a integración do alumnado de variadas orixes. Escoitamos textos en italiano, portugués, inglés, galego, castelán, alemán, catalán, chinés e árabe.