Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

Programa Ktorce 18P

Dentro do Programa Ktorce 18P, tivo lugar unha charla divulgativa, a cargo da Asociación Arela, sobre a Lei do Menor.

Nesta actividade celebrada o día 29 de abril, no Teatro de Ribadeo participou o alumnado de 2ºESO.

Organizou a actividade o departamento de Orientación.

Esta actividade foi financiada pola OMIX do Concello de Ribadeo.

 

V Olimpíada de tradución de textos clásicos

Este mércores, 15 de maio, tivo lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago o acto solemne de entrega de premios aos ganadores da “V Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos” e de diplomas a todos os participantes.


Nnesta edición foi premiado o alumno Gonzalo Fernández Álvarez de Linera de 2º de bacharelato.

 

O profesor responsable é Fernando Álvarez Lebredo, do departamento de Latín.

Correlingua 2019

 

Este ano Ribadeo acolleu o Correlingua da Mariña, no que participaron 2000 escolares. Foi o 7 de maio.

 

Percorreuse a Estrada do Faro e unha parte do casco urbano, para terminar no Cantón, onde tivo lugar o festival final. Paco Nogueiras actuou para as/os máis pequenas/os, e a banda de Pauliña para o conxunto do alumnado. Presentou Isabel Risco.

 

 Do noso centro, participou o alumnado de 1º, 2º e 3º do ESO e encargáronse de ler o manifesto 5 alumnas e alumnos de 1º do ESO.

 

 

    



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Ovos literarios

Con motivo do día do libro, celebrouse no instituto a 4ª exposición de " Ovos literarios" na que participou, de maneira voluntaria, alumnado de todos os cursos.

Pódese ver o vídeo desta actividade nesta Ligazón

A actividade foi organizada pola profesora de Lingua Castelá, Rosa María Paz.   

Día de Europa

O alumnado de 1º de BACH que participa no proxecto ERASMUS+ KA219 "El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa" visitou León, berce do parlamentarismo europeo no DÍA DE EUROPA.

O palacio Conde Luna, a colexiata de san Isidoro, a Catedral,... foron obxectivo deste alumnado e profesorado coordinador que está a desenvolver o proxecto.                                           Ler mais

Visita de estudos ao Porto.

 

Do 24 ao 28 de abril, o alumnado de Portugués de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato viaxou a Portugal, concretamente ás cidades do Porto e Gimaraes. Os obxectivos eran a inmersión lingüística em portugués e coñecer o patrimonio cultural, paisaxístico e arquitectónico de Portugal.

Foron acompañados polas profesoras Carla Díaz Fernández e Dores Fernández Abel.

A viaxe fíxose conxuntamente co IES de Foz.                                              Ver mais imaxes
 

 

Froita fresca

    O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) adscrito á consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, é o organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia que subvenciona, igual que en cursos anteriores, a participación do centro no programa de subministración de froita fresca para o alumnado neste curso 2018/2019.

O reparto de froita comezou hoxe, 2 de maio, e desenvólvese durante dez días, na hora do recreo, no patio de columnas.

25 Feira da Ciencia no IES de Ribadeo, a ilusión de aprender!!!

Ver a galería de fotografías

O pasado 10,11 e 12 de abril do 2019 tivo lugar unha celebración especial no IES: a  25 Feira da Ciencia. Con Antonio Gregorio xubilado, colaboramos para sacar adiante todo o traballo uns cantos compañeir@s: María del Monte Álvarez, profesora de Tecnoloxía, Mario Martinez, profesor de Física e Beatriz González Fernández, Maxi Piñeiro Vidal e Susi Besteiro do Dpto de Bioloxía. Tamén tivemos a gran sorte de que Chus Colmenero, profesora de Educación Plástica fixo un cartel  moi fermoso que non deixou indiferente a ninguén e Alfonso Piñeiro, o director, que sempre está aí para todos, aproveitou o deseño para encargar unhas chapas de recordo para toda a comunidade educativa. Mil gracias a todos eles!

Na Feira expuxéronse moitos traballos e moi variados:

- Na área de Tecnoloxía, María del Monte e os seus alumn@s de 3º ESO presentaron proxectos  moi variados como aspiradora e lavadora caseiras, pontes levadizas hidráulicas e eléctricas, estruturas con canutillos de papel, unha palomitera, unha mininoria, un elevador, un teleférico, un dispensador  e unha simulación da respiración pulmonar entre outros.

- Na área de Física, Mario e o alumnado de CAAP elaboraron un traballo sobre conductividade eléctrica, unha pila e unha electrodeposición.

- Na área de Bioloxía, os alumn@s de agrupamento específico de 3º ESO, fixeron con Beatriz  unha roda dos alimentos para axudarnos a tomar conciencia da importancia de ter unha alimentación variada e equilibrada.

- Os alumnos de 1º ESO xunto coas profesoras Beatriz e Susi, sacaron adiante un bó número de proxectos: tinguiron flores, explicaron a metamorfose dos vermes da seda, investigaron sobre a ostra rizada e a avispilla do castiñeiro que son dúas  novas especies invasoras que hai en Ribadeo,  explicaron a importancia da vexiga natatoria, das escamas e dos otolitos dos peixes óseos así como dos dentículos dérmicos dos tiburóns e ademais  analizaron egagrópilas de curuxa chegando non só a descubrir que comeran ratos, topillos e musarañas senón que ademais e para sorpresa de moita xente, montaron os esqueletos das presas citadas.

- Por último, os alumn@s de 4º ESO traballaron con Maxi Piñeiro e Susi Besteiro. Na área de bioloxía fixeron a extracción do ADN de fresa, prepararon uns cariotipos moi orixinais analizando as alteracións máis comúns e realizaron un estudo sobre as bebidas azucradas e os efectos nocivos tratando de mentalizarnos da importancia de hidratarnos con auga.  Na área de Xeoloxía, presentaron un corte xeolóxico da Ría de Ribadeo coas principais rochas que atopamos no entorno,  analizaron o método sísmico e a súa importancia para chegar ó modelo estrutural da Terra, amosáronnos cos imáns intelixentes e cun imán nun tubo de cobre a importancia do magnetismo terrestre e  fixeron un estudio sobre a chuvia ácida e o mal da pedra.

En definitiva, moitos traballos e ben presentados. Noraboa a tódolos alumnos participantes!

Tal vez a Feira deba evolucionar, creo que debería pasar a ser Feira da Ciencia e da Cultura porque non cabe dúbida de que todo o alumnado e profesorado fai ó longo de cada curso moitos traballos que merece a pena divulgar entre a comunidade docente. E non son días perdidos, son días de clase distintos... É certo que non se dá materia e que hai barullo polos corredores pero penso que tódolos alumnos e alumnas que participan aprenden unha boa lección para a vida: a importancia da actitude, de poñerlle ganas ó traballo, o orgullo do traballo ben feito, a importancia de saber transmitir os coñecementos e en definitiva, a ilusión  por aprender. Ilusión que, tras participar en 25 Feiras, aínda conservo e comparto cos compañeir@s e alumn@s.

Fdo: Susi Besteiro Cabanas

Modelo de Parlamento Europeo Representación do IES RIBADEO

Tres alumnas e un alumno de 1º de BACH do IES Ribadeo Dionisio Gamallo resultaron seleccionados para participar na XIX Sesión Nacional do Modelo de Parlamento Europeo, que se celebrará do venres 22 ao luns 25 de marzo en León.


Tres destes alumnos son protagonistas tamén do proxecto ERASMUS+ que o centro coordina e que ten como socio a un instituto alemán, e cursan a materia de EUROPA, unha optativa de libre configuración ofertada polo centro, no que traballan contidos relacionados coa Unión Europea.

A través desta materia elaboraron catro temas de debate de actualidade europea e cada tema se engloba dentro do traballo dunha comisión: Comisión de Asuntos Exteriores; Comisión de Emprego e Asuntos Sociais; Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria; Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior. Aos que lles correspondían respectivamente os seguintes problemas actuais: Política exterior da UE: caso Rusia; Empregabilidade de persoas en risco de exclusión laboral; A asistencia sanitaria en Europa; A UE e a era dixital. O centro resultou seleccionado e agora o alumnado deberá poñer en común e discutir a súa proposta con alumnado de todas partes de España para chegar a un consenso que se reflectirá na redacción dunha resolución que deberá ser aprobada pola Asemblea.

A cerimonia de apertura terá lugar no Palacio Conde Luna de León, e a sesión final do luns será na Casa Consistorial de León. Durante a fin de semana os xoves delegados reunidos por comisións discutirán con representantes de toda España sobre ditos temas e elaborarán resolucións que discutirán e validarán na sesión final.

O Patronato de Honra do Modelo de Parlamento Europeo está composto polos ex-presidentes do Parlamento Europeo: D. José Mª Gil-Robles, D. Enrique Barón e D. Josep Borrell. O obxectivo deste programa é fomentar nos xoves a conciencia de cidadanía europea e a cultura de debate parlamentario construtivo, a través da recreación de sesións parlamentarias entre estudantes.

Noraboa pois aos nosos representantes, que compartirán responsabilidades co alumnado do Colexio Peleteiro e do Colexio La Salle de Galicia, e cos restantes representantes do resto de España. Confiamos en que esta forma de proceder sexa un bo augurio para os futuros tempos sociais e políticos que virán. Queda posto así o noso grao educativo de area na procura e consolidación dunha cidadanía global consciente e responsable, que de seguro nos traerá un futuro mellor.

Noticia 20/marzo/19 El Progreso

J. Manuel Yáñez Dablanca
Profesor de Filosofía e Coordinador de Programas Europeos

María Reimóndez

Mais fotografías

Por segunda vez, María Reimóndez visitou o noso instituto. 1° de ESO leu Corredora e 1° Bacharelato, A dúbida. 
Lecturas que propoñen referentes de mulleres no deporte e que visibilizan e condenan os abusos sexuais a menores.
#LecturasFeministasParaCambiarOMundo
#ComitéLila
#IesLiterarios
#EditorialXerais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut