Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

Relacións entre a cultura galega e a alemá

Tendo en conta que se organiza desde hai anos un intercambio cun centro alemán, o Equipo de dinamización lingüística promoveu a elaboración dun vídeo sobre as relacións entre a cultura galega e a alemá.
Gravaron os audios Carolina Bouso (2º de ESO), e Xiana Suárez, Eva Luyufeng, Amaia López, Saleta Martínez e Ángel Yáñez (1º de BAC). Blanca Sánchez, profesora da EOI de Ribadeo, encargouse da subtitulación ó alemán e colaborou Manel Yáñez, coordinador do proxecto Erasmus+.
 

Roteiro literario

 

 

O día 20 de xuño realizamos un itinerario guiado por varios puntos de Ribadeo relacionados con escritores. Participou o alumnado de 2º de ESO A. Ademais das explicacións que se foron dando ó longo do roteiro, cada alumno recibiu un caderniño con información básica sobre cada un dos personaxes.

Organizou a actividade o Equipo de Dinamización Lingüística.

Premios Prensaescuela

4 alumnos de 1º BAC conseguiron o 2º Premio do Concurso Galicia: auga, rap e literatura, convocado por Viaqua, dentro do programa Prensaescuela de La Voz de Galicia. As súas razóns e demais motivacións podedes lelas no enlace adxunto. Contamos con todos vos para facer unha versión de centro!!!!! Máis información

 

Primeiro premio á mellor xornalista xuvenil

 

A alumna Ana Covadonga Rodríguez Marqués, de 1º BACH A acadou o Primeiro Premio ao Mellor Xornalista Xuvenil (Modalidade Artigo Opinión) e recibirá o merecido galardón o vindeiro 14 de xuño no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre de A Coruña.

Os traballos estiveron coordinados polo profesor de Filosofía Manel Yáñez Dablanca, que presentou un total de catro traballos nesta categoría e damos tamén a noraboa a todos eles polo seu esforzo e participación (Alicia Asensio, Estela Bravo e Ángel Yáñez). Podedes seguir lendo máis abaixo as súas reflexións.

Na web de Crónica3.com tedes un pequeno resumo do traballo feito por este alumnado. E aquí tedes a versión reducida da que se fixo eco La Voz de Galicia na súa edición do domingo 9 de xuño.

Veo si, veo non. Ana Covadonga Rodríguez Marqués

Enseñar política a la futura ciudadanía. Alicia Asensio Bande

La sociedad cibernética. Ángel Yáñez Santana

Un asunto de libertades. Estela Bravo Montero

Proxecto rios: Inspección primavera 2019

                                                                               Ver mais fotografías

Recentemente, algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno pola mañá, para realizar a toma de datos correspondente á inspección de primavera.

 

Despois de recorrer o tramo de estudio para observar os posibles cambios, centrámonos na zona de mostraxe para facer as análises pertinentes e cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: calidade hidrohidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica.

Deducimos que  a calidade ecolóxica do ecosistema fluvial no tramo elexido segue sendo boa, con augas ben osixenadas e non contaminadas, tal e como indican a presencia dos numerosas  macroinvertebrados atopados.

Os resultados foron os seguintes:

1.- Calidade hidromorfolóxica:

Hábitat: a auga flúe, o nivel de auga é un pouco máis baixo do esperado debido á seca dos últimos meses, hai frecuencia  ocasional de rápidos, o substrato son coídos e gravas con area e limos,  a cobertura de vexetación acuática é escasa e o río está sombreado con claros. Esto lévanos a unha valoración final do hábitat  boa, é un hábitat ben constituído, que pode soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados.

Bosque de ribeira: Para unha primeira valoración empregamos o índice QRISI aplicándoo nas dúas marxes. Na dereita ten calidade moderada, con bastantes árbores propias de ribeira (amieiro, salgueiro, loureiro, bieiteiro, freixo, …) pero na esquerda ten calidade bastante menor xa que a intervención humana segue estando  máis presente (prado, casa, gando….)

 

2.- Calidade físico-química: Medimos unha serie de parámetros e os resultados son os seguintes: Temperatura de 14º , transparencia boa (aprécianse os 4 sectores), nitratos entre 5-20mg/l, osíxeno disolto de 4mg/l e nivel de saturación de osíxeno do 36%.

 

3.- Calidade Biolóxica: para valorala, fixámonos sobre todo nos macroinvertebrados que capturamos co trueiro e dan unha idea rápida da calidade do ecosistema xa que son organismos  bioindicadores.  Identificamos: tricópteros (larvas con estuche) de tipo  Limnephilidae, efemerópteros (Ephemeridae), larvas de libélula (Gomphidae e Libellulidae), moluscos (pequenas caracolas e algunha lapa), heterópteros tipo Gerridae (zapateiro común) e Notonectidae (Notonecta glauca), arácnidos, escorpión de auga (Nepidae), larvas de cabaliño do demo (Calopterygidae), escribanos (Gyrinidae), e algún outro.

Segundo os macroinvertebrados atopados, chegamos á conclusión de que o tramo de río estudiado presenta boa calidade. porque bioindicadores deso son os odonatos ou larvas de libélulas, os tricópteros (Limnefílidos ) e as efímeras.

Conclusión:

Comparando os datos obtidos cos de outras campañas deducimos que o río segue a estar en bo estado, con moi pequenas variacións. O que reseñamos, igual co ano pasado é a presencia cada vez maior nos castiñeiros da parte dereita do río da avispilla do castiñeiro.  O seu nome científico é Dryocosmus kuriphilus, procede de China e nótase moi ben nos castiñeiros novos as partes baixas das ramas coas follas e agallas secas e as partes que medraron este ano, coas follas verdes pero tamén caragadas de agallas. Unha pena porque esta invasora vaille dar que facer ós nosos soutos...

Polo demais, a actividade resultou ben e seguiremos con ela porque resulta motivadora e interesante. Con estudios sinxelos, pódese saber o  estado de saúde do ecosistema e axudar a concienciar da importancia que ten fomentar a conservación do medio natural.

Antón Fraguas. Unha epopea vital.

Ademais doutras iniciativas, traballamos sobre a figura de Antón Fraguas utilizando o caderno Antón Fraguas. Unha epopea vital e a correspondente unidade didáctica, dos que a Excma. Deputación de Lugo enviou un exemplar para cada alumno/a.

Nas imaxes, alumnado de 2º de ESO utilizando estes recursos.

 

Día da Ciencia na rúa. Abril 2019

                                                                                          Mais fotografías

O pasado día 4 de maio, celebrouse na Coruña o Día da Ciencia na Rúa e o IES de Ribadeo colaborou coa participación dunha parte do seu alumnado como xa ven sendo habitual dende fai 24 anos.

Foron un total de 35 alumnos e alumnas de 1º e 3º  da ESO, acompañados polas profesoras María del Monte do Dpto de Tecnoloxía e  Beatriz  Fernández e Susi Besteiro do Dpto de Bioloxía. Por certo, tamén nos acompañou Antonio Gregorio porque aínda que está xubilado, leva a ciencia no sangue.

Levamos traballos variados. Algúns de tecnoloxía como a lavadora, unha ponte levadiza, a mininoria, as sillas voladoras e a respiración pulmonar e tamén algúns de bioloxía como as egagrópilas das aves, os otolitos dos peixes e as dúas novas especies invasoras detectadas en Ribadeo: a ostra rizada e a avispilla do castiñeiro. Todos os traballos gustaron moito e os nosos alumnos recibiron moitas felicitacións tanto pola calidade dos proxectos como pola forma de explicalos.

Foi un día realmente interesante no que tamén poidemos observar moitos traballos presentados por outros centros comprobando que unha vez máis seguimos mantendo un bo nivel e iso resulta francamente satisfactorio.

A continuación poñemos o enlace para poder ver a reseña que saiu na Voz de Galicia referida a ese día e no que fan mención ó noso centro.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/05/04/1500-alumnos-dan-mejor-clase-ciencia-coruna/00031556968507026468322.htm

Tamén poñemos o enlace  do Día da Ciencia no que se pode acceder ó libriño no que figuran tódolos centros participantes e os traballos presentados. https://indd.adobe.com/view/a934a555-e17b-4a66-8570-8a914d578a14 e xa no último enlace pódese acceder ó libriños das 24 edicións que se levan celebrado e nas que sempre colaboramos primeiro como IES Porta de Auga e despois xa unificados, como IES de Ribadeo https://www.amigoscc.es/escolares/ciencia-en-la-calle/.

Finalmente, agradecemos a Javier Novelle, organizador do evento, que ano tras ano, sigue facilitándonos a participación facéndose cargo dos gastos de autobús, comida e dos agasallos para os nosos alumnos.

Fdo: Susi Besteiro, xefa do dpto de Bioloxía

Marcador de lectura Antón Fraguas

 

 
 
Marco Tripiana, alumno de 2º de ESO, deseñou un marcador de lectura alusivo á figura de Antón Fraguas, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
 
 
Promoveu a iniciativa o Equipo de dinamización lingüística.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 .

Viaxe a Santiago: Museo do Pobo Galego e Cidade da Cultura

Co gallo do Día das Letras Galegas, o departamento de Lingua galega e literatura, en colaboración co EDL e o equipo da biblioteca, organizou unha viaxe a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego, do cal Antón Fraguas foi Director, e a Cidade da Cultura. Asistiu o alumnado de 2º de ESO.

      

 

 

 

 

 

 

.

Literatura galega e audiovisual

O alumnado de Literatura galega e sociedade, materia de libre configuración de centro, de 2º de BAC, elaborou booktrailers ou videopoemas. Colaborou o Equipo de dinamización lingüística e o Equipo da biblioteca. Velaquí os seus traballos:

 

BOOKTRAILERS:

 Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor.

 

 Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego.

 

María Solar: Os nenos da varíola.

 

Carlos G. Reigosa: Pepa, a loba.

 

VIDEOPOEMA:

García Lorca: “Chove en Santiago”.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut