Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

COMITÉ LILA. I Xornadas de formación en igualdade

Desde o comezo do curso, o Comité Lila puxo en marcha as I Xornadas de Formación en Igualdade. Para conmemorar o seu remate, fíxose entrega dun diploma para o alumnado participante.

Rugby no IES

A comezos do mes de novembro, o profesorado de Educación Física convidou ao entrenador de rugby en Ribadeo, Guillermo. O alumnado da ESO puido tomar contacto directo con unha das posibilidades deportivas do seu concello.

Formación de nov@s usuari@s da biblioteca

Entre o 14 de outubro e o 8 de novembro do presente curso 2019-2020, tiveron lugar as Xornadas de formación de nov@s usuari@s para o alumnado de 1º de ESO. Desenvolvéronse en catro horas lectivas para cada grupo, tres delas na aula cos respectivos titores e titoras e unha sesión práctica na biblioteca coa coordinadora. A través desta actividade adquiriron coñecementos sobre distintos aspectos da biblioteca: normas qu erexen o seu uso e funcionamento, distribución do espazo, organización dos fondos, xestión a través de Meiga e, sobre todo, interpretación da sinatura dun libro como código que nos permite localizar e ordenar os exemplares nas distintas seccións. O obxectivo da actividade é formar usuarios que se manexen con total autonomía na biblioteca e saiban sacar partido de todas as posibilidades que ofrece.

Premio Meendinho á profesora de Portugués, Dores Fernández Abel.

 

A finais do curso 2018-2019, o órgao de goberno da Fundaçom Meendinho concedeu o Prémio Meendinho á profesora do noso centro Dores Fernández Abel, por ser a docente de toda Galiza con máis alumnado de portugués. Todo isto dentro do contexto da implementación da Lei Paz Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía), por como esta serve para mellorar o desenvolvemento social, económico e cultural galego ao tirar proveito da vantaxe histórica da variante internacional da nosa lingua. 

O pasado sábado, día 19, foi entregue esta distinción no decurso dunha Festa da Lusofonia, no Círculo Habanero da Devesa. Asistiron ao convivio, antigo alumnado e alumnado actual, ademais de profesorado do centro, para alén doutras persoas con interese no portugués. Tamén se contou coa presenza do Presidente  e a secretaria da Fundaçom Mendinho, Alexandre Banhos Campo e Manuela Riveiro Cascudo, así como coa do lexicógrafo e  profesor Isaac Alonso Estraviz. Amenizaron o acto, ademais dun concurso sobre a lusofonia, un grupo de alumnos do IES Perdouro de Burela e un grupo de cantareiras de Ribadeo.

A prensa fíxose eco do evento:

- PLG.gal

- Sermos Galiza

- La Comarca

Premendo aquí pódese acceder á nova publicada no Blog da Biblioteca.

"O que arde", de Oliver Laxe

O pasado martes, 15 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º BACH do noso centro, xunto co do resto de centros do concello e usuarios do Centro de Día, tivo a oportunidade de asistir á proxección do filme "O que arde" e ao posterior coloquio co propio director, Oliver Laxe. 

“O que arde” é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe. Estreouse na sección “Un Certain Regard” do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial.

O filme aborda a problemática dos lumes no rural galego. A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta dúas historias en paralelo: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á vila e a de dous brigadistas que traballan na loita contra os incendios.

Preme aquí para ver a nova na páxina do Concello de Ribadeo.

AS RESERVAS DA BIOSFERA (exposición do CEIDA)

O Departamento de Filosofía, en colaboración co de Bioloxía, organizan a exposición "Reservas da Biosfera" que permanecerá exposta do luns 7 ao luns 28 de outubro. Esta exposición da continuidade á actividade sobre a Crise Climática realizada o pasado venres 27 de setembro, e supón unha visión positiva e esperanzada do que todavía temos e debemos conservar.

Actividades na Prensa local: La Comarca del Eo, El Progreso A Mariña.

Leer máis

Manuel Yáñez Dablanca

 

 

 

Charla sobre Emerxencia Climática (27 de setembro)

O pasado venres 27 de setembro, coincidindo con actividades de sensibilización en todo o mundo, o dpto. de Filosofía coa colaboración do dpto. de Bioloxía recibiron a Iván Rodríguez Lombardero, xeólogo ambiental e coordinador comarcal do SLG na Mariña, que aportou o seu coñecemento, datos e reflexións en torno á chamada de atención da comunidade científica sobre a situación climática. O alumnado de 1º BACH e de 2º ESO dedicou dúas horas das súas clases a aprender e comprender o marco teórico deste problema. Podes ler máis contido no artigo publicado en Cronica3.com, La Comarca, ou... 

A importancia da formación en valores ecolóxicos queda actualizada con esta noticia de El País do 7/nov/2019 sobre a inclusión dunha materia medio ambiental no curriculo educativo en Italia. Estamos nesa liña de traballo e de concienciación!

Leer máis

 

  

 

  

Nove nomes

O alumnado de Literatura galega e sociedade, materia de libre confuguración de centro en 2º de BAC, realizou un vídeo sobre as rúas de Ribadeo que levan nomes de autores da literatura galega ou de persoeiros destacados na defensa do noso idioma. Pode verse no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=SbvJd_VENqE

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE LIBROS ADXUDICADOS AO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO

Publicadas, de maneira definitiva, as listaxes de libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

Adxúntase un documento co alumnado admitido e outro co alumnado excluído.

Distribuir contido


by Dr. Radut