Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

Calendario literario

O Equipo de dinamización lingüística promoveu a elaboración dun calendario literario, no que se implicaron as alumnas Izadora Cardoso, Amaia López, Aicha Rajouani e Xiana Suárez, que cursan Literatura galega e sociedade, materia de libre configuración de centro que se imparte en 2º de BAC.

O calendario de sobremesa inclúe en cada mes un fragmento literario relacionado con algún lugar de Ribadeo, acompañado por unha foto dese lugar. Na portada publícase un acróstico inédito de Otero Pedrayo dedicado a Dionisio Gamallo, que se conservaba no arquivo familiar de Gamallo, facilitado polos herdeiros do polígrafo ribadense.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo fíxose cargo dos gastos de edición.

Premendo aquí, pódese acceder ao calendario completo en pdf.

Valores ecolóxicos: COIDANDO O NOSO MAR (CEIDA)

Do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro o noso centro acollerá unha exposición que ten como obxectivo a divulgación dos problemas medioambientais presentes na nosa sociedade. Esta nova exposición titúlase “Coidando o noso mar” e está organizada polo departamento de Filosofía en colaboración co de Bioloxía, dentro das actividades programadas para o curso 2019-2020 en torno a Crise Climática do mundo actual.

Leer cronica3.com PDF

 

Concurso de postais de Nadal en Francés.

Neste mes de decembro de 2019, o Departamento de Francés e a Biblioteca organizan un ano máis o concurso de postais de Nadal en francés para o alumnado de 1º ciclo da ESO. Alegrámonos da elevada participación e a boa calidade dos traballos presentados. O 19 de decembro entregáronselles agasallos ás autoras das catro postais premiadas: Patricia Álvarez Rei, Claudia Loureiro García (1º de ESO) e Nerea Martínez Pérez e Andrea Rodríguez (2º de ESO).

Noraboa ás premiadas!

PROXECTO RÍOS. Inspección de outono, 2019.

Un ano máis, o IES de Ribadeo ten concedida a participación no Proxecto Ríos co obxectivo de educar no desenvolvemento sostible e sensibilizar ao alumnado da importancia de poñer en valor e conservar o noso medio natural.

Un pouco máis tarde que outros anos debido ao mal tempo que tivemos, o alumnado de 4º ESO de Bioloxía, acompañado pola profesora Susi Besteiro, saíron ao Río Pequeno durante tres horas para facer a toma de datos correspondente ao outono. Foi unha saída breve na que despois de percorrer o tramo de estudo observando canto era posible, os rapaces e as rapazas procederon a realizar as análises pertinentesco fin de cubrir a ficha na que se reflicten tres aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica.

Pinchando aquí, pódese acceder aos resultados da análise.

 

Intercambio epistolar coa Bretaña francesa.

 

Durante o presente curso, 33 alumnas e alumnos de francés de 1º e 2º da ESO manterán unha correspondencia epistolar cun colexio da Bretaña francesa, concretamente co centro Duguay-Trouin De Saint Malo.

O alumnado está moi motivado coa nova experiencia que de seguro lles aportará moito para a aprendizaxe da segunda lingua estranxeira. Coñecer xente nova e a súa cultura forma parte desa aventura. Xa recibiron as primeiras cartas dos seus corresponsais xunto cuns biscoitos bretóns. Así mesmo, este luns os nosos rapaces e rapazas enviaron a súa primeira carta cun agasallo moi doce típico de Ribadeo.

Esperamos que nun futuro non moi afastado poidan coñecerse e, quen sabe, facer un intercambio lingüístico.

 

I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo (29-30 nov-2019)

O venres 29 e o sábado 30 de novembro tivo lugar a I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo en Santiago de Compostela. O noso alumnado participou nestas xornadas aportando a súa visión sobre 4 temas de actualidade de política europea.

A xornada do venres transcurriu integramente no Colexio Peleteiro; alí, o alumnado tivo as reunións por comisións nas que debateron os temas propostos nesta convocatoria, e a partires das 18:30 cada grupo reuniuse co seu profesorado para preparar as estratexias na sesión final que tivo lugar no Parlamento de Galicia.

  • El papel de la UE frente al cambio climático. Defendido pola alumna LUCÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ
  • Estrategias de la UE ante el envejecimiento demográfico. Defendido pola alumna VIOLETA CARRERO ISLA.
  • Las bitcoin y la ingeniería económica. Criptomonedas o tecnología blockchain. Defendido polo alumno JUAN MANUEL VEGA VÁSQUEZ.
  • La trata de seres humanos. Defendido pola alumna CLAUDIA VILLAPOL DUARTE.

A clausura estivo presidida pola secretaria da Mesa do Parlamento dona Raquel Arias Rodríguez, que xunto ao presidente do Board MEP España don Ramón Rodríguez Magán, ao director do colexio Peleteiro don Luis Peleteiro Ramos e ao profesorado seleccionado, despediron unha xornada repleta de debate, propostas e consenso democrático.

Podedes ler a noticia en Cronica3.com, La Voz de Galicia (30-11-19) e en La Voz de Galicia (1-12-19).

Máis FOTOS

25N

Un ano máis, o IES formou parte da campaña do 25 de novembro para denunciar as violencias machistas. Organizada polo concello, contou coa participación de alumnado de todos os centros educativos da contorna, que percorreron un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo. Desde o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, o alumnado de 1º ESO que cursa a materia Igualdade de Xénero, o de 1º Bac que ten a optativa Coeducación para o século XXI e as rapazas e rapaces do Comité Lila compuxeron un rock para a ocasión, que cantaron logo da lectura do manifesto, e colaboraron no deseño dun logo propio. 

Visita ao 51º FICX ( Festival Internacional de Cine de Xixón).

O 20 de novembro, 13 alumnas e alumnos de 4º ESO visitaron o Teatro da Laboral de Xixón para asistir ao seu 51º Festival Internacional de Cine. Enfants Terribles é unha sección do festival dirixida ao público infantil e xuvenil como unha proposta alternativa ao discurso cinematográfico oficial. 

Viron o filme “Port Authority” (2019) e tiveron ocasión de coñecer persoalmente a Danielle Lessovitz, a directora.

Esta actividade foi financiada polo concello de Ribadeo.

 

21 de novembro. DÍA DA FILOSOFÍA

3º xoves Novembro: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA


Desde o 2002 vimos celebrando esta efeméride, e sería no 2005 cando a UNESCO, a petición do Reino de Marrocos ratificou a necesidade de promover a Filosofía en todo o mundo.

Neste 2019 o tema proposto é resaltar a importancia da Filosofía a nivel rexional, para que desde este ámbito podamos contribuir aos problemas e desafíos mundiais como a migración, a radicalización, a intelixencia artificial e as ameazas sobre o medio ambiente

A Filosofía pode facer muito para axudar a resolver os problemas mundiais.Nas redes sociais  poderedes contribuir a esta efeméride co hashtag #DiaMundialDeLaFilosofia

A nosa contribución nesta data podedes coñecela neste enlace....

FILOSOFÍA PARA XOVES

ou en Cronica3.com ou en La Comarca (23/nov/19)

Saída a Lugo

O pasado 18 de novembro, o alumnado de 1º Bac visitou a capital lucense para asistir pola mañá á representación teatral da obra de Federico García Lorca, "La casa de Bernarda Alba" no Auditorio Gustavo Freire. Pola tarde, tiveron ocasión de subir aos tellados da catedral, adquirindo así unha nova perspectiva da cidade. A actividade estivo organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut