Skip to Content

Ovos literarios [23 de abril: Día do libro]

Celebramos o Día do libro cunha exposición de "ovos literarios". Tomando os ovos como materia prima base, o alumnado recreou libros, autores ou personaxes literarios de distintas épocas.

Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do Departamento de lingua castelá e literatura.

 

O libro máis antigo que temos no instituto - IV

Nos recantos ocultos do instituto seguen aparecendo reliquias do pasado, libros que superan a antigüidade dos anteriores (I, II, III).

O último foi Año cristiano, un exemplar de 1852. Exteriormente está algo deteriorado, pero por dentro conserva toda a súa esencia.

Correlingua, 2016

O alumnado de portugués de 4º da ESO, acompañado da profesora Dores F. Abel, recolleu o premio ao manifesto gañador do Correlingua 2016, en Pontevedra, no acto oficial de presentación desta actividade no Museo Provincial. 
Aproveitaron a viaxe para coñecer unha magnífica exposición da obra de Castelao e visitar o casco historico da cidade.

 

PARABÉNS!

FONDO SOCIAL EUROPEO

IMPORTANTE: SÓ PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO, PMAR e PDC de 4º

Enlace á información sobre a enquisa que debe cubrir este alumnado.

Laretas de igualdade.

O pasado xoves, 14 de abril, entregáronse os premios ao mellor anuncio publicitario non sexista, dentro do programa Laretas da igualdade, organizado polo CIM do Concello de Ribadeo. O xurado profesional concedeu o premio ao vídeo Quítate a venda, realizado por alumnado do noso centro: Uxía Fernández Díaz, Nuria Fernández Fanego, Celia Gasalla Sánchez, Sonia García Rodríguez e María Asunción Sánchez Alonso, de 4º de ESO.

O premio do xurado popular concedéuselle ao vídeo Día da nai, elaborado tamén por alumnado do instituto: Inés Canto González, Clara García Pulpeiro e Youssef Selouane El Khiari, de 3º de ESO

Día do libro

Abril. Achégase o "Día do libro". Cervantes e Shakespeare ocupan xa un lugar privilexiado na nosa biblioteca. Coordinou a proposta Dolores Faílde, do equipo da biblioteca.

 

conTextos: O Xardín (Ribadeo) e "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras

Estela, Alberto e Alicia, de 2º de ESO, explícannos neste vídeo as circunstancias que inspiraron o poema "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras, que ten moita relación co noso instituto.

 

Alumnado axudante

O alumnado axudante asistiu a unhas xornadas de formación impartida por especialistas da empresa "Alicce". Organizou a actividade Raquel Vijande, de departamento de orientación.
Velaquí unha imaxes dese evento:

Feira da ciencia, 2016

Os días 6, 7 e 8 de abril tivo lugar no instituto a Feira da Ciencia, organizada polos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química.

Podes ver un vídeo con imaxes do evento.

Visita a Pontedeume

Os días 4 e 5 de abril, o alumnado de portugués de 4º de ESO, xunto coa súa profesora Dores Fernández Abel, visitou as Fragas do Eume, o museo Etnográfico de A Capela e a vila de Pontedeume, e participou en diversas actividades organizadas polo albergue de Ecoturismo Alvarella.

Foron dous días cheos de actividades en galego como premio a ter gañado o concurso do Manifesto do Correlingua 2016.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut