Iniciar sesión

Secretaría virtual

Enterro do rapante

O venres celebramos o enterro do noso meco "O Rapante". O noso pobriño peixe morreu logo dunha enchenta de pellets nas augas de Teis. Alumnado, profesorado e esquelete acompañámolo polos corredores na súa despedida.

A Candeloria

O día 3 de febreiro celebramos a Candeloria no ROU. Os nosos poetas deseñaron cadanseu pardal..e descubrimos que chiaban poesía e mensaxes polos corredores do instituto. Seica querían adiantarnos que: "medio inverno xa vai fóra"!

Charla "Intelixencia Emocional"

Se facedes clic na imaxe do cartel poderedes acceder a máis información sobre a actividade organizada pola ANPA ROU dentro do ciclo "APRENDENDO EN FAMILIA".

Os Merdeiros no noso centro

O xoves 8 de febreiro viñeron da Asociación Etnográfica a Merdeira para explicarlle ao alumnado de 1°ESO o sentido do Entroido tradicional galego e dos seus personaxes, especialmente do Merdeiro. Logo catro rapaces voluntarios vestíronse co traxe de Merdeiro e saíron á Ágora para axitar os alliporros, burlarse e perseguir ao alumnado.

                                

Informacións admisión

CURSO ACADÉMICO 2024/25

Día 22 de febreiro: publicación da listaxe do alumnado (procedente do CEIP Frian - Teis) admitido, con posto reservado no centro.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

(Alumnado procedente doutros centros)

Prazo: do día 1 ao 20 de marzo.

Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde (21 de outubro de 2022) poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admision dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto

Co gallo do Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto, o venres 25 recibimos no auditorio do ROU a Guillermo Touza. O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a historia das Irmás Touza a través dos seus recordos, actividade complementaria á lectura en galego de "Memoria do silencio" de Eva Mejuto.

                         

Xornadas de Orientación Universitaria

O día 30 de xaneiro, o noso alumnado de 2º de Bach asistiu ás Xornadas de Orientación Universitaria da Universidade de Vigo onde visitou as diferentes mesas informativas e recibiu detalles sobre a súa oferta académica. 

O tempo na nosa radio

O instituto comezou estes días o novo programa de radio "MeteoROU". O alumnado descubriranos ao longo de todo o curso se o paraugas ou o sombreiro nos acompañarán cada día. Se facedes clic no enlace poderedes escoitalo.

Admisión curso 24/25

Adxuntamos información correspondente á admisión do alumnado, relativa tanto ao proceso como aos criterios xerais de prioridade na admisión, correspondente ao curso 24/25.

Distribuir contido