Iniciar sesión

Secretaría virtual

O Xapón no noso centro

Estes días tivemos no noso centro un obradoiro de introducción á cultura xaponesa, organizado polas profesoras de música, Elena, e de matemáticas, Nuria, e impartido pola profesora de xaponés da Escola Oficial de Idiomas, Yerma.

De interese para o proceso de admisión

Lembramos as diferentes formas de presentación das solicitudes de admisión do alumnado:

  1. Solicitude electrónica: a persoa solicitante ten que dispor dun certificado de identidade e sinatura dixital ou un sistema de usuario e Chave 365. Ademais, terá que cubrir o anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento) e imprimilo, e unha vez asinado de xeito manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo. Xunto coa solicitude, deberá achegar o anexo II-bis e o resto da documentación que, de ser o caso, fose precisa.
  2. Solicitude creada a través da aplicación e presentada no centro.
  3. Solicitude non creada a través da aplicación e presentada no centro.

Oferta prazas curso 24/25

Idicámosvos a oferta de prazas prevista para o videiro curso 24/25. Estas prazas poderán sufrir modificacións antes da publicación provisional de admitidos.

 CURSO PRAZAS OFERTADAS
 1º ESO  10
 2º ESO  0
 3º ESO  0
 4º ESO  5
 1º BACHARELATO CIENCIAS  30
 1º BACHARELATO SOCIAIS E HUMANIDADES  30
 2º BACHARELATO CIENCIAS  5
2º BACHARELATO SOCIAIS E HUMANIDADES 10

Os trastornos alimentarios

O venres, 16 de febreiro, o alumnado de psicoloxía tivo unha charla impartida pola psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra para coñecer máis a fondo os problemas relacionados cos trastornos alimentarios. Queremos agradecervos a completa e clara exposición do tema que recibimos e ter resolto moitas das nosas dúbidas.

Deixamos o contacto da asociación: 
BOUZAS: Calle Camilo Veiga 44, Bajo, Vigo 36208
Teléfono: 698 14 53 46

Visita a Santiago

O pasado 20 de febreiro, as alumnas da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato participaron nun obradoiro de Arte e Igualdade no Centro Galego de Arte Contemporánea, visitaron as cubertas e o interior da Catedral de Santiago e asistiron a unha charla sobre a ABAU e a USC no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.

O tempo no ROU

Queres saber o tempo que vai facer esta semana? Fai clic na imaxe o os rapaces da nosa radio contarancho.

Proceso admisión 24/25

No arquivo adxunto tedes información de interese sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 24/25.

A escritora Xulia Alonso no noso centro

Por segundo ano recibimos a visita de Xulia Alonso para falarnos do seu libro Futuro Imperfecto. Puidemos comprobar de novo o agradable e útil que é falar con ela. Recomendamos a experiencia a todos os institutos e esperamos poder repetila o próximo ano. Moitas grazas Xulia.

Convocatoria axudas formación linguas estranxeiras

Vense de publicar a orde na que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de primeiro e segundo de bacharelato:

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo.

 

ROUSAT, uha odisea no ROU

Alumnado de 2º Bacharelato do noso  IES  está construindo o ROUSAT-01, para participar no CanSat 2024.

O desafío CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

Aquí tedes algunha imaxe do comezo do proxecto.

 

Distribuir contido