Skip to Content
Versión para impresora

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

Información actualizada na parte superior da páxina, adiamento por problemas informáticos.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro do centro o venres día 9 de xullo, podendo realizarse as reclamacións ou correccións os días 12 e 13 de xullo.

Os cheques poderán recollerse no instituto a partir do día 20.

A DIRECCIÓN

 

CALENDARIO FIN DE CURSO 2020-21

 

22 DE XUÑO: ÚLTIMO DÍA DE CLASE ata ás 14:30h

25 DE XUÑO: ENTREGA DE NOTAS E RECOLLIDA DE LIBROS (NA BIBLIOTECA):

9:30-10:30 ……………………… 1º ESO

10:30-11:30 ……………………... 2º ESO

11:30-12:30 ……….…………….. 3º ESO

12:30-13:30 ……………………… 4º ESO

13:30-14:30 ……………………….. 1º BACH

28 DE XUÑO: ATENCIÓN ÁS RECLAMACIÓNS de 9:00 a 12:00h

 

MATRÍCULA ESO : Do 25 de xuño ao 10 de xullo (para os que teñan todo aprobado).

-1º de ESO: días 29 e 30 de xuño.

-2º de ESO: día 1 de xullo.

-3º de ESO: día 2 de xullo.

-4º de ESO: día 5 de xullo.

 

MATRÍCULA BACHARELATO: 25 de xuño ao 10 de xullo (para os que teñan todo aprobado).

-1º de BACHARELATO: Día 6 de xullo.

-2º de BACHARELATO: Día 7 de xullo.

 

RESERVA DE PRAZA CICLO SUPERIOR:

Do 25 de xuño ao 5 de xullo ata ás 13 horas.

 

MATRÍCULA CICLO SUPERIOR:

1º curso

-Do 20 ao 26 de xullo (ás 13 h) 1ª adxudicación

- Do 28 ao 30 de xullo (ás 13 h) 2º adxudicación

2º curso

-Día 29 de xuño.

Xornadas de acollida dos colexios

O próximo xoves día 10 de xuño acollemos ao alumnado do CEIP de Corvillón ás 9h30

O luns día 14 ás 18h30 acollemos ao alumnado do CEP Antonio Magariños Pastoriza e outros centros.

Ese mesmo luns 14 ás 19h acolleremos ás familias de todos os centros.

Esperámosvos!

Achégate á Biblioteca

AQUÍ TES O NOSO INSTAGRAM

   

Semana da francofonía (22 ao 26 de marzo)

Esta semana dedicámola a coñecer un pouco mellor as culturas que compoñen a gran comunidade francófona mundial. Decoramos o noso centro cos traballos do alumnado dos distintos grupos da materia de francés, con receitas, películas, cancións, libros, etc.

O alumnado de 1º da ESO puido desfrutar dunha sesión de cine en francés, coa película “Le Petit Prince”.

O alumnado de 1º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bac fixo unha sesión gourmande, probando os macarons, mentres que o alumnado de 2º e 3º da ESO puido desfrutar dunhas estupendas crêpes preparadas por Bea, na nosa caftería.

Ademais, fixemos un gran desfile de disfraces cos cursos de 2º e 3º da ESO que podedes ver na seguinte ligazón ao noso canal de Youtube:

https://youtu.be/3oA8v4uVzSc

 

Vivement le français !

Día do libro

O 23 de abril, para conmemorar o día do libro, o voluntariado da Biblioteca deseñou unha actividade especial para compartir con todo o alumnado do centro. Quixeron levar un pouco da Biblioteca a todas as aulas, así que presentaron as súas recomendacións lectoras a todo o alumnado.

O voluntariado da Biblioteca é un fervedoiro de ideas e proxectos! Pronto vos presentaremos máis.

Admisión Alumnado 2021/2022

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022

1ºBACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

-Listaxe provicional de admitidos.

Prazo de reclamacións ata o 23 de abril

Calendario de Admisión 2020-2021

ADMISIÓN DE ALUMNOS ESO e BACHARELATO

 CURSO 2021/22

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN CEP ANTONIO MAGARIÑOS E CORBILLÓN

  -Do 11 de xaneiro ao 8 de FEBREIRO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS DOUTROS CENTROS:

  -Do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (se hai máis solicitudes que prazas vacantes):

  -Do 25 de marzo ao 9 de abril

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

  -Até o 25 de abril.

PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS:

 -5 días hábiles, desde a publicación da listaxe provisional

PUBLICACIÓN DEFINITIVA:

  -Antes do 15 de maio.

RESERVA FORA DE PRAZO

 -Do 23 de marzo ao 18 de maio

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA PARA OS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/DAS:

 -Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 -Do 1 ao 10 de setembro. 

Para consultar a NORMATIVA RELACIONADA prema aquí

 

Premios de debuxo contra a LGTBIfobia da asociación Arelas

 
As alumnas de 4°ESO Iria Varela e Blanca Fernández fanse co 1° e 2° premio do certame de Ilustración contra a LGTBIfobia, na categoría de maiores de 13 anos convocado pola asociación ARELAS.
Parabéns ás dúas, e tamén a Cristian, profesor do centro, que alentou a participación
Os traballos gañadores están actualmente expostos na entrada do instituto e tamén se poden ver na páxina web da asociación.
 


11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este xoves 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cunha exposición nos corredores do centro dos traballos sobre este tema realizados polo alumnado de 3º da ESO.

Ademais, na Biblioteca poderedes acceder a unha selección de obras arredor desta temática.

Esperamos que as desfrutedes. Vémonos na Biblio!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut