Curso 2015-16

Actividades realizadas no curso 2015-16

Actividades extraescolares e complementarias 2015-2016

  

Excursión do Club de Lectura e EDNL, a Monforte e o Barco de Valdeorras.

31 de maio, alumnado da ESO membro do Club de Lectura Libromanía ou colaborador do EDNL.

Charla sobre convivencia entre cans e humanos

A cargo de Emilio Fernández e Pablo Espinosa, da Asociación Canina Lor.
(Como achegarse a un can descoñecido, responsabilidade de ter un can, etc.)

26 de maio, 1º e 2º de ESO.

Mercado do Libro. toda a comunidade educativa. Mes de maio.

Este ano os beneficios obtidos destináronse ao Banco de Alimentos de Monforte; tamén se recolleron doazóns de alimentos na conxerxería, co mesmo fin.

Festival das Letras. 

Luns 23 de maio. Todo o alumnado.

Participación no Correlingua en Monforte.

Alumnado de 1º da ESO, 9 de maio.

Roteiro "Manuel María e os Sonetos ao Val de Quiroga".

Alumnado da ESO, 5 de maio.

Charla divulgativa sobre "O Oso Pardo en Galicia" da Xunta de Galicia.

Por Ana Isabel Fernández Pérez. Máis información ao respecto deste tema na Fundación Oso Pardo.

Alumnado da ESO, luns 2 de maio.

Charla "Incomunicados na era da comunicación" do programa A Ponte da USC.

A cargo de Carlos Toural, profesor do departamento de Ciencias da Comunicación.

Alumnado de 3º e 4º da ESO, venres 29 de abril.  

Saída a Celanova para asistir a un concerto e visitar a localidade e arredores.

Alumnado de 1º e 3º da ESO, mércores 27 de abril.

Saída a Santiago.

Concerto didáctico "Bandanza" no Auditorio de Galicia e visita ao Museo do Pobo Galego.

Alumnado de 2º e 3º de ESO. Venres, 15 de abril.

Gravación de sonetos de Manuel María recitados polo alumnado e persoal do centro.

 Do 4 ao 11 de abril.

(O resultado está neste enlace)

Charla de Xosé Estévez sobre Manuel María e os Sonetos ao Val de Quiroga.

Todo o alumnado, aberto á comunidade educativa, o 11 de abril.

Día do Autismo.

Toda a comunidade educativa, do 1 ao 5 de abril. 

 

 

 

Encontro con familias "Familias con adolescentes: convivir entre os límites e os afectos".

A cargo de Aixa Permuy Martínez, educadora social e pedagoga, e María José Méndez Lois, profesora de Ciencias da Educación da USC.

Venres 1 de abril. 17:00 h. Aberto a toda a comunidade educativa.

Micro-obradoiro "Competencias emocionais e sociais para a convivencia en igualdade" (2ª parte)

Venres 1 de abril. Alumnado de 2º de ESO.

Micro-obradoiro "Competencias emocionais e sociais para a convivencia en igualdade"

Venres 18 de marzo. Alumnado de 2º de ESO.

Conmemoración do Día da Muller Traballadora.

Todo o alumnado, 8 de marzo. 

Visita á central hidroeléctrica de Belesar e ás adegas Vía Romana (Chantada).                 FOTOS     

Alumnado de Bacharelato, xoves 3 de marzo.

Concurso "Dalles nome": galegas na música. @s gañador@s foron:

1º premio - Lucía Álvarez, Nerea Lemos e Manuel Arza (1º ESO)

2º premio - Alberto Losada, Martín Fernández, Emily Gallego e Sheila dos Santos (3º ESO)

(desenvolveuse nos meses de xaneiro e febreiro)

Charla "De onde veñen as palabras?" do programa A Ponte da USC

A cargo de de Xulio Sousa Fernández, profesor titular de Filoloxía Galega.

Alumnado de Bacharelato, luns 29 de febreiro.

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) e visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón).

Alumnado de 2º de ESO, xoves 25 de febreiro.

Día de Rosalía.

Todo o alumnado, 24 de febreiro.

Saída ao parque eólico experimental de Sotavento (Xermade).                                                 FOTOS

Alumnado de de 3º e 4º da ESO, 22 de febreiro.

Charla "A tecnoloxía ao servizo das linguas" do programa A Ponte da USC.

A cargo de Ernesto Xosé González Seoane, catedrático do departamento de Filoloxía Galega e director do instituto da Lingua Galega.

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, venres 19 de febreiro, as 13:30.

Conmemoración do Día da Paz.

Todo o alumnado, do 30 de xaneiro ao 15 de febreiro.

Presentación da reedición dos "Sonetos ao Val de Quiroga" de Manuel María.

Todo o alumnado, 12 de febreiro.

Aquí temos unha edición dixital da obra.

Enlaces en prensa: Enlace 1(6-2-2016. La Voz de Galicia). Enlace 2 (13-2-2016. La Voz de Galicia)

"Contando con debuxos" (conmemoración do Día da Ilustración)

Charla do debuxante Miguel Fernández Vázquez sobre cómic (conmemoración do Día da Ilustración).
Tivemos tamén, nos días previos, unha exposición de debuxos orixinais dos seus traballos con Manolo López Poy "O fillo da furia", "Os días do cometa" e "A las cinco de la tarde".
Podedes ver máis dos seus traballos aquí.

Alumnado de 3º e 4º da ESO, 3 de febreiro.

Saída a León, para visitar a Catedral, Cáritas e o Museo Catedralicio.

Alumnado de Relixión, 27 de xaneiro.

Saída a Ourense para asistir á representación teatral "Dom Juan ou le festin de pierre".

Alumnado de francés, 3º e 4º da ESO, 21 de xaneiro. 

Venres 18 de decembro, fin de trimestre. 

Obradoiros de xogos matemáticospapiroflexia e confección de adornos de Nadal e unha actividade do departamento de Música. Alumnado de ESO.

Conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de xénero.

Todo o alumnado.

Asistencia á representación teatral "Doit-on le dire", no Teatro Principal de Ourense.

Alumnado de francés de 3º e 4º da ESO, 25 de novembro. 

Saída ao Ximnasio Robert en San Clodio.

Alumnado de 3º da ESO, 26 de novembro.

Obradoiro de Programación creativa en igualdade (Proxecta Donas de Si). Alumnado de 1º da ESO, 16 de novembro.

 

Celebración do magosto

Actividade "Abrapalabra". (Alumnado da ESO). Magosto e chocolatada.

Todo o alumnado, 10 de novembro. 

Visita a Inditex e á exposición fotográfica "Festival Mar de Mares" (A Coruña).

Alumnado de 2º de BAC e da materia de Economía de 1º BAC, 5 de novembro. 

Día da Ciencia en galego, videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" (Xurxo Mariño Alfonso).

Alumnado do 2º ciclo da ESO e BAC, 4 de novembro.

 

Concerto de Sés

 

no IES de Quiroga

 

Para conmemorar o

 

Día das Bibliotecas

 

(organizado pola biblioteca, en colaboración co Departamento de Música e o EDNL)

 

Mercores 28 de outubro, ás 12:30 no salón de actos.

 

 Podedes atopar máis información sobre esta artista na súa páxina web ou no seu Facebook.

  

    

 

Concurso de decoración de cabazas.

Todo o alumnado, ata o 26 de outubro. Os/as gañadores/as foron: Julia Álvarez (1º premio), Adrián Álvarez, Sara Casanova, Yuri Gutiérrez e Manuel Antonio López (2º premio). 

Visita á exposición sobre espeleoloxía do Grupo de Exploracións Subterráneas (GES) Ártabros na Casa de Cultura de Quiroga.

Alumnado da ESO, 21 e 23 de outubro, e alumnado de 1º de BAC, 26 de outubro.

Recital poético con Elías Portela/Elías Knörr. 

Alumnado de Bacharelato, venres 9 de outubro.

Aquí tedes un artigo con máis información sobre el e tamén o seu Cuestionario Proust

Actividade mixta Mediterraneamos (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente).

Alumnado da ESO; venres 9 de outubro.

 Ligazón á enquisa.

 

Gravacións dos Sonetos ao Val de Quiroga


Estas gravacións foron feitas entre o 4 e o 11 de abril de 2016 por alumnos, profesores e persoal non docente do IES de Quiroga.

Como detalle especial, e aproveitando a súa visita ó centro, Xosé Estévez, autor do prólogo do libro, gravou o derradeiro deles.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración!

 

1 - Quiroga fáloche a ti para preguntar
(Ramón Latas)

  2 - Púcaro de mel, cunca de pureza
(Lucía Visuña)
 3 - Tribo de meu, fermosa e silandeira
(Miguel Delpont)
 

 4 - Terra de noso, carnal e apaixonada
(Ariadna Del Pont)

5 - A miña avoa Consuelo, A Quiroguesa
(Lola Rodríguez)

  6 - Escuras serras da Moá e do Caurel
(Carlos J. González)

 7 - Ribas do Sil, lembranzas dun mosteiro
(Pilar Nogueira)

  8 - Vila de San Martiño, íntima e breve
(Josefa López)

 9 - Tabernas do Tiberio e do Peniche
(Sabela García)

   10 - Vello Sil das canciós e as aureanas
(Suso Manteiga)

 11 - Meu río Quiroga, pequeno e algareiro
(Saray Núñez)

   12 - ¡Ouh rumoroso Lor das augas claras
(María Xosé López)

 13 - Viño quirogués, gustoso de beber
(José Espinosa)

   14 - Noutro tempo pasado e lexendario
(Eva Teijeiro)

 15 - Aló, no Hospital, o castro de Ar Maior
(Andrea Pérez)

   16 - Cando o vrao é xa froito maduro
(Melisa Pérez)

 17 - Torre Penela, Quirogas e Lamelas
(Emily González)

   18 - O Sil está, en Sequeiros, encorado
(Adrián Álvarez)

 19 - ¿Qué foi das vellas cazatas tan xentís
(Álex Ferreiro)

   20 - Torre ruinosa, triste, silandeira
(Paula González)

 21 - Pequeno e vello, ti, Montefurado
(Adriana Pérez)

  22 - Fosco Piapáxaro que ollas montes sós
(Alicia Chao) 

 23 - Na compaña de Saleta eu descubrín
(Mario González)

   24 - ¡Ouh sombrío Hospital de fértil chan
(Julia Álvarez)

 25 - Castiñeiros do Val, meus castiñeiros
(Marta Rellán)

   26 - Limoeiro florido e sorprendente
(Marta Campos)

 27 - Por dentro vas calada e consumida
(Beatriz Veiga)

  28 - Antergas vides chantadas no torrón
(César Durán)

 29 - Quiroga, miña queiruga montesía
(Lucía Fierro)

 

 30 - Pídoche a ti, Quiroga, os teus outonos
(Xosé Estévez)

Distribuir contido