Aclaracións ante o pico da pandemia que estamos a sufrir en Quiroga

Ante a situación creada pola pandemia queremos transmitirlle á comunidade educativa os seguintes puntos:

  • No IES de Quiroga estanse a seguir os protocolos da Consellería de Sanidade para que o instituto sexa un entorno seguro. Ata o de agora (esperamos que así continúe) no IES non se produciu ningunha transmisión de virus.
  • As decisións sobre confinamentos ou peches tómanas as autoridades sanitarias. O instituto está en contacto con elas para transmitir información e recibir instruccións.
  • O instituto entende a preocupación dos pais/nais e pode asegurar que tódolos profesores se están esforzando para que na aula virtual haxa sempre material co que os alumnos poidan traballar e así garantir a súa escolarización.
  • É un deber dos alumnos confinados (e responsabilidade dos seus pais) seguir as clases online, se as hai, ou no seu caso entrar na aula virtual en cada asignatura e buscar exercicios que poidan facer. Os profesores non teñen a obriga de comunicar persoalmente con cada alumno para recordarlles isto. Se un profesor se comunica individualmente cun alumno é porque nese caso, ó seu criterio e de xeito extraordinario, será preferible facelo así.
  • As faltas saltan no ABALAR automáticamente cando as poñen os profesores, que non sempre é inmediatamente. Son logo os titores, no tempo semanal que teñen para adicar a iso, os que as acaban xustificando ou non. Evitade chamar preguntando por faltas de hai un ou dous días cando sabedes que o voso fillo/a está na casa e non por aí perdido.

Grazas a todos pola compresión e o esforzo que estamos a facer ante unha situación tan adversa.