Neste curso da aula virtual só estades matriculadas e matriculados o alumnado con Xeografía e Historia pendente de 1º de ESO.
Tedes o documento sobre o que traballar aquí abaixo. Se non tedes posibilidade de imprimilo pola vosa conta, avisádeme no departamento e fáisevos en Conxerxería, pero tede en conta que o documento dixital é igualmente importante porque os exercicios que tedes que facer están marcados en amarelo, e non son todos. Ademais, hai outras actividades nas que teredes que recurrir á versión en cor para distinguir aspectos importantes do que se vos pide.
As vosas familias (se é que teñen ABALAR) xa foron avisadas de que este traballo xa está dispoñible. A data de entrega é o 1 de febreiro, ás 11:00 horas, no Departamento de Xeografía e Historia. Non se recollerán actividades entregadas con posterioridade. A elaboración destes exercicios supón o 40% da cualificación final de pendentes (polo que se non os facedes, xogarédesvos o aprobado no exame de maio (aínda non hai data establecida).
Calquera dúbida, consultade comigo. Un saúdo!
Ángela Caldas Hernández, xefa do Departamento de Xeografía e Historia.
- Course creator: Alazne Goce Freire
- Teacher: Ánxela Caldas Hernández