Secretaría

MATRÍCULA ABAU EXTRAORDINARIA.

AVISO:

O alumnado que aprobou na avaliación extraordinaria de 2º de bacharelato, recollerán a documentación da matrícula para a ABAU en secretaría o venres, 23 de xuño ás 09:15 horas

Achegamos nos arquivos información sobre o proceso de matrícula para a proba da ABAU extraordinaria.

Lean detenidamente o arquivo "Oficio ABAU"

O día da entega da matrícula será o día 27 de xuño de 9:00 a 11:00 horas

 

PAGO DE TAXAS PARA O TÍTULO DE BACHARELATO

 

O procedemento de pago das taxas para a obtención do título de bacharel, trámite obrigatorio para todo o alumnado que aprobe 2º curso de bacharelato, vai ou non a examinarse da ABAU será do seguinte xeito:

- O alumnado deberá acceder a https://ovt.atriga.gal/ e seguir a ruta “cidadáns-pago de taxas e prezos/iniciar taxa- e seguir os pasos, poden iniciar o pago de taxa on-line

- Outra forma é imprimir o modelo AI en branco, cubrir todas as follas e pagar, neste caso, presencialmente no bco. Santander ou ABANCA

- Logo o xustificante de pago deberás entregalo na secretaría do IES o  27 de maio

Achegamos os códigos (importante) están nun arquivo

INSTRUCIÓNS E CALENDARIO DE MATRICULACIÓN DO ALUMNADO. CURSO 2023/24

Achegamos en arquivos adxuntos a información, calendario e modelos da matrícula para entregar na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:00 horas os seguintes días

 

Datas de matriculación:

  • 3 de xullo 1º ESO y 2º ESO

  • 4 de xullo 3º ESO y 4º ESO

  • 5 de xullo 1º BAC

  • 6 de xullo 2º BAC

Dentro dos sobres da matrícula teñen  toda esta información e tamén os impresos  que estarán disponibles na conserxería do centro o día da entrega de notas (23 de xuño), por tanto NON será necesario descargalos desta web.

Alumnado novo de 1º ESO: os sobres  de matrícula serán entregados nos colexios pola Orientadora do noso centro

    Aviso:

Alumando de 2º de FPB e 2º de CICLO, entregarán o día 23 ou o día 26 de xuño, no mesmo horario arriba indicado o seguinte:

Dúas fotos, a folla de transporte, a folla da autorización de imaxen,  o xustificante do pago de seguro escolar (1,12 euros) e a folla de matrícula que  previamente recollerán en secretaría

Conta bancaria do centro en ABANCA- BAIONA

ES12 2080 5015 68 3040014348

PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2023/24. FP BÁSICA

Normativa que recolle a regulación destas ensinanzas é a seguinte:
 Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no artigo 41.1 establece os requisitos
de acceso a ciclos formativos de grao básico de formación profesional.
 Decreto 107/2014, do 4 de setembro, regula aspectos específicos da formación
profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en
Galicia e establece vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

O acceso e a admisión ás ensinanzas de formación profesional básica están regulados no capítulo III da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de
formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

Requisitos de acceso
2.1 Alumnado en idade de escolarización obrigatoria
O alumnado en idade de escolarización obrigatoria ten que cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 41.1 da Lei orgánica 2/2006. Polo tanto, para acceder aos ciclos formativos de grao básico terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:
 Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
 Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
 Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a
incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico, de
conformidade co indicado no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006.
2.2 Alumnado en idade de escolarización non obrigatoria
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
 Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
 Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

_______________________________________________________________________
Prazos do proceso de admisión-FP Básica
Período ordinario de admisión:
Presentación de solicitudes 26 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas
Publicación da listaxe provisional de solicitudes, 10 de xullo
Reclamación á listaxe provisional de solicitudes, do 10 ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 12 de xullo
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes, 24 de xullo
Publicación da adxudicación de prazas, 24 de xullo
Matriculación das persoas con praza adxudicada, 24 de xullo
OFERTA

O noso centro oferta 18 prazas para a FPB de Actividades domésticas e limpeza de edificios

Horario de atención ao público en secretaría no mes de xullo, de 9:30 a 13 horas de luns a venres

ENLACE Á WEB DA CONSELLERÍA:   http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

 

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023/24

PUBLICADA A CONVOCATORIA DE ADMISIÓN PARA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

Presentación de solicitudes: 23 xuño ás 9.00 ao 5 xullo ás 13:00 horas

ACHEGAMOS ADXUNTOS

CALENDARIO

INSTRUCIÓNS

OFERTA NON ACTUALIZADA, pendente de publicar

ASISTENTE WEB PARA A SOLICITUDE

ENLACE Á WEB http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

O noso centro oferta 30 prazas para cursar Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística, réximen ordinario, presencial con horario de luns a vernes de 8:30 a 14:00 horas

Luns e xoves tamén en horario de tarde de 16:10 a 18:40

CALENDARIO FIN DE CURSO

Publicamos calendario fin de curso, todos os niveis

NOTA:

Lembramos ao alumnado que solicitou o préstamo de portátil que ten que entregalo antes do 21 de xuño en secretaría.

O alumnado con préstamo de libros,  deberán devolvelos antes da entrega de notas en conserxería

 

 

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS. AXUDAS. CURSO 2023/24

 

Achegamos anexos relacionados coa convocatoria.

O prazo é do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

NOTA:

 Publicación de actos e listaxes:

Artigo 13. Publicación de actos. De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, re-guladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe-diente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Librarías incluídas no programa axudas libros, Baiona

CANDELA,

DEPORTES BAYONA

DUAS CB

GARABATO

GELI

G3 TU OFICINA PERSONAL

LIBRERÍA VERNET

SANTANA

SUEÑOS DE PAPEL

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Curso 23.24

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

ANUNCIO DO MINISTERIO:

Curso 2023 - 2024

Acceso al servicio online Enlace externo, se abre en ventana nueva Plazo de presentación de solicitudes: ABIERTO desde el 8 de mayo de 2023 hasta el 20 de septiembre de 2023

Información general

Recuerda que solo se admitirán aquellas solicitudes presentadas del 8 de mayo al 20 de septiembre de 2023.

Convocatoria

Información

Solicitud

Plazo de presentación de solicitudes abierto

  • Desde el 08 de mayo de 2023
  • Hasta el 20 de septiembre de 2023

Más información

Las consultas sobre el procedimiento pueden realizarse por cualquiera de los medios que se encuentran en la página de Información administrativa Nueva ventanaEnlace externo, se abre en ventana nueva

Información de SIA

  • Denominación del trámite: Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo
  • Código: 050140
 

INFORMACIÓN PROCESO MATRÍCULA ABAU. PRAZOS E CALENDARIO

 ABAU

As intrucións necesarias están contidas nos arquivos adxuntos.

O vindeiro día 16 de maio ás 11:30 horas están convocados o alumnado e as familias no Salón de Actos para ter unha pequena charla e responder ás dúbidas sobre o proceso, instrucións e  diversa documentación que achegamos nos adxuntos.

_____________________________________________________________________________

Matrìcula nas Universidades Galegas: Información en arquivo adxunto: "prazos-chamamentos"

_____________________________________________________________________________

IMPORTANTE: o pago das taxas (título e ABAU) non poderán facelo antes do 19 de maio, no arquivo  "oficio ABAU" está especificada a data .

CALENDARIO OFICIAL , PROBAS DE CICLO SUPERIOR, FP BÁSICA, PROBAS LIBRES

O calendario oficial das probas nos distintos niveles de CS e FPB do curso 22/23, están no arquivo adxunto e no taboleiro de secretaría para calquera consulta.

Distribuir contido