INICIO DE CURSO 2020/21. COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Desde o IES Primeiro de Marzo queremos dar a benvida a este curso anómalo e transmitirvos o noso pesar por non dar información máis precisa e completa: os constantes cambios de instruccións dadas pola Consellería de Educación desde xullo e a falta de adxudicación de profesorado a día de hoxe, dificultan notablemente a organización do curso escolar, sobre todo tendo en conta que se nos acaba de comunicar que non nos aumentan o cupo de profesorado.

Queremos expresar, con todo, o noso esforzo e traballo en pro dun centro "seguro", defensa de presencialidade e de mantemento da xornada lectiva establecida.

De poder organizar o centro en tempo, manteríamos as datas previstas de inicio de curso, con incorporación gradual:

23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º BACH, 1º Ciclo superior

24 de setembro: 3º ESO; 2º BACH, 2º Ciclo superior, 4º ESO e FPB

25 de setembro: festividade local (San Cosme e San Damián)

CONVOCATORIA DE REUNIÓN para as familias (por protocolo COVID, asistirá un proxenitor ou proxenitora ) do alumnado de 1º ESO e 1º FPB:

Luns, 21 ás 17:00 horas

Lugar: pista cuberta

Medidas: acudir con máscara

AVISO IMPORTANTE:

NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma COVID

As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.

Deben cubrir e asinar o documento "declaración responsable" e presentalo en CONSERXERÍA entre as 8:30 e 14:00 h, con data límite do 22 de setembro.

Xuntamos arquivos dos documentos para imprimir; tamén poden solicitalos .

Grazas pola comprensión. Xuntamos o protocolo COVID elaborado polo noso profesorado

AdxuntoTamaño
Declaración responsable.pdf232.22 KB
Anexo I . Enquisa.pdf349.87 KB
PROTOCOLO COVID-19.pdf939.78 KB