Skip to Content

Extraescolares e complementarias

ENTROIDO NO IES PRAIA BARRAÑA

O 9 de febreiro celebramos o Entroido no Ies Praia Barraña e houbo moita troula e divertimento tal e como podedes ver nos vídeos seguintes. Disfrutamos de un "Tu cara me suena" moi "real" ata o tradicional desfile/concurso de disfraces con moitos e variados premiados.

CELEBRACIÓN DA V SEMANA TEMÁTICA

 

A próxima semana, do 16 ao 20 de abril, celebrarase no centro a V Semana temática coordinada pola Biblioteca escolar, dedicada este curso a Boiro. Ademáis de organizarse diferentes actividades en torno a esta temática, haberá multitude de traballos e exposicións expostos en diversos espazos do centro. 

Aquí abaixo tendes información sobre a planificación das devanditas actividades.

 

 

Aprendendo a ser bos condutores e condutoras

O pasado martes 06 de febreiro os alumnos de 1º de Bacharelato do IES asistiron na quenda da tarde a un simulacro de accidente automobilístico con feridos e ao proceso de excarcelación dos mesmos.

Esta acción educativa foi organizada pola Policía Local do Concello de Boiro e contou coa colaboración dos Servizos de Emerxencia e Sanitarios da comarca, da Asociación Stop Accidentes -a través da súa presidenta Jeanne Picard- e dun coñecido boirense que sufriu un grave accidente hai uns anos  e cuxos duros e impactantes testemuños emocionaron ao auditorio presente. Os alumnos do IES Praia Barraña tamén foron participantes e testemuñas de excepción  do devandito simulacro.

A experiencia vivida polo alumnado do IES Praia Barraña foi enriquecedora e serviu para conciencialos dunha condución responsable como condutores que serán nun futuro inminente.

Agradecemos ao Concello e á Policía Local de Boiro o ternos escollido para a realización deste primeiro simulacro de educación vial así como a presenza e impactantes testemuños de Jeanne Picard e de Moncho, e tamén a colaboración do resto de Servizos que colaboraron no mesmo.

 

Velaquí un vídeo do simulacro realizado:

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

 

O pasado 21 de decembro, con motivo das vacacións do Nadal, organizouse unha chocolatada solidaria no centro gratamente amenizada por un concerto de música e canto a cargo dalgúns alumnos e dirixido por Mónica, a nosa compañeira de Música.

Os rapaces de 4º da ESO tamén aproveitaron o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces que acompañaban moi ben ao chocolate.

Agradecemos a participación de toda a comunidade educativa xa que a recadación solidaria foi cuantiosa e pasamos unha xornada moi agradable.

Máis abaixo podedes ver algunhas fotos da celebración. (Por problemas técnicos non podemos incluir máis).

En breve poderedes disfrutar tamén dun vídeo que o profesor Pascual de Debuxo gravou ese día.

 

 

 

 

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!

MAGOSTO E SAMAÍN NO IES PRAIA BARRAÑA

O pasado 03 de novembro toda a Comundade Educativa do IES Praia Barraña celebramos un magosto popular onde puidemos degustar ricas castañas, divertirnos cunha chea de xogos populares e disfrutar de acompañamento musical durante as dúas últimas horas do venres. Ademais, o Equipo da Biblioteca aproveitou a ocasión para entregar os seus premios aos mellores creadores de relatos de medo e aos que mellor souberon decorar as súas cabazas pola festividade do Samaín. Aquí tendes algunhas fotos que mostran o ben que o pasamos...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut