Skip to Content

Atención familias

Horario de atención a familias curso 2020 - 2021

 

 

 

 

 

 

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE REUNIÓN DE TITORÍA.

CURSO 2020 - 2021

As titorías coas familias do alumnado do IES faranse, preferentemente, a través dos seguintes medios:

a)      Teléfono: as familias chamarán ao centro (881 866 601), empregarán o apartado específico da axenda escolar, o correo electrónico do titor/a ou Abalar Móbil para concertar cita co titor/a dos seus fillos. No día e hora acordados o titor/a realizará a chamada de titoría co pai/ nai ou titor/a legal que o solicitase para falar da evolución académica dos fillos. As horas de titoría de cada titor/a de grupo serán publicadas a principios de curso na páxina web do IES.

b)      Videoconferencia: a través da aplicación Cisco Webex ou Meet de Google o titor/a enviará ao pai/nai ou titor/a legal que lle solicite unha reunión un enlace ou invitación á videoconferencia co día e hora de realización.

c)      Presencial: excepcionalmente o titor/a convocará presencialmente aos pais/ nais ou titores/as legais a unha reunión presencial no IES no espazo que estea habilitado específicamente para desenvolver estas tarefas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut