Skip to Content

Documentos de Centro

Reclamacións

A ORDE do 2 de marzo de 2021 (DOG Num. 48 do Xoves, 11 de marzo de 2021) establece o marco lexislativo para as reclamacións sobre as cualificacións finais e as decisións sobre a promoción e obtención do título tanto na educación secundaria obrigatoria como no bacharelato.

Os principais aspectos a ter en conta son:

  • O primeiro paso é solicitar cantas aclaracións se consideren precisas ao profesorado da materia e/ou a persoa titora.

 

  • A reclamación formal só poderá ser sobre a cualificación final dunha materia (unha reclamación distinta para cada materia no caso de ser máis dunha); sobre a decisión de promoción (1º, 2º e 3º ESO e 1º de bacharelato) ou de obtención do título (4º ESO e 2º de bacharelato).

 

  • A reclamación só pode facer referencia á adecuación dos contidos e criterios de avaliación, a adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación e á correcta aplicación dos criterios de cualificación recollidos na correspondente programación didáctica do departamento que imparte a materia. Poderá achegarse calquera consideración que se queira que se teña en conta.

 

  • O prazo para a reclamación formal é de dous días hábiles a partir da publicación das notas dentro do horario de atención do centro de 9:00 a 14:00 e farase ante a Xefatura de Estudos co modelo que se adxunta.

 

  • Unha vez notificada a decisión do departamento, en caso de persistir o desacordo, poderase facer a reclamación ante a Xefatura Territorial nun prazo de dous días hábiles.

 

En 2º de bacharelato, os prazos para a reclamación veñen fixados:

  • Convocatoria ordinaria: 19 e 20 de maio de 2022.
  • Convocatoria extraordinaria: 27 e 28 de xuño de 2022.

 

Calquera dúbida pode consultarse co xefe de estudos. Pode solicitarse unha copia dos documentos aquí recollidos na secretaría do centro.

Información básica programacións 21-22

Aquí podedes consultar a información básica (Procedementos e instrumentos de avaliación e Criterios de cualificación) das programación didácticas do curso 2021-2022.

Xunto coa información inicial, están os cambios introducidos na ESO polo novo decreto de Avaliación publicado en febreiro.

Programacións didácticas

Aquí podedes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos didácticos para o curso actual 2021-2022.

Distribuir contido


Educación Boiro

by Dr. Radut