Skip to Content

Intercambio Climático Galicia - Canarias 2018

No curso 2015-2016, o IES Praia Barraña recibiu a invitación de Climántica, para formar parte do grupo de institutos galegos que organizamos este intercambio climático. Este ano fomos seis os centros que colaboramos. Cada un participou cun pequeno grupo de alumnos que estudou un problema medioambiental que afecta a algún ecosistema, especie ou actividade do seu contorno máis próximo.

Esta vez foron Antía de 3º ESO A, Carlos de 2º ESO A e Sandra de 2º ESO B, acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Urbieta, os encargados de representar ao IES Praia Barraña, co seu traballo " O cultivo do mexillón na Ría de Arousa".

O 16 de marzo puxeron rumbo a Canarias, para sumarse ao intercambio co colexio Decroly de La Laguna (Tenerife). Durante unha semana, xunto cos seus compañeiros galegos e canarios, tiveron tempo de compartir os resultados das súas investigacións escolares, participar en actividades deportivas na natureza, realizar avistamento de cetáceos, facer visitas didácticas a museos, institucións científicas e empresas; e percorrer parques nacionais e naturais en andainas guiadas. Tamén coñeceron de perto a vida cotiá das familias canarias que os acolleron nas súas casas. Ao final da semana chegou o máis complicado, a despedida.

Mais so era temporal, xa que o 17 de abril  os estudantes e profesores canarios viaxaron a Galicia para participar na fase galega do intercambio. Desta vez, cada un dos centros galegos participantes encargouse de organizar unha das actividades da semana.

O venres 20 de abril, a celebración do día mundial do ADN reuniu no Coliseo Noela de Noia a alumnos e profesores de tódalas comunidades educativas que colaboran co intercambio. Unha maxistral charla-coloquio de Anxo Carracedo, serviu de peche a este acto.

O pasado luns 23 de abril, as actividades organizounas o IES Praia Barraña. Por ese motivo, un numeroso grupo de estudantes e docentes canarios e galegos, achegouse a Boiro para iniciar un roteiro que lles permitiu coñecer un pouco mellor a comarca  do Barbanza. Comezaron navegando ata a illa de Sálvora, para percorrela nunha visita guiada, e  finalizaron o día participando nunha andaina medioambiental polas beiras do río Tambre. Para a realización destas actividades o IES Praia Barraña contou coa colaboración do Concello de Boiro que se fixo cargo do transporte en autobús dos participantes.

O día 24 os compañeiros canarios regresaron a Tenerife. Deica ao ano que ven!

Central hidroeléctica doTambre

Podedes encontrar máis fotos da fase canaria do intercambio neste enlace

Podedes encontrar máis fotos da excursión a Sálvora e ao Tambre neste enlace



page | by Dr. Radut