RECUPERACIÓN DE PENDENTES do DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

1º EPVA


SEGUEMENTO PERIÓDICO: O alumnado con esta materia pendente poderá recuperala seguindo un plan de reforzo ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro. Tendo en conta as necesidades do alumnado, os materiais dixitais poden ser complementados cun caderno de actividades en formato físico.

O profesorado poderá realizar un seguimento continuo do plan e do alumnado a través da aula virtual, ou mediante reunións presenciais convocando ó alumnado a través da aula virtual e especialmente a través dos titores que poden servir de estímulo para non abandonar estas materias que non se cursan.

A avaliación levarase a cabo nas datas indicadas e feitas públicas desde o centro, a través de entregas de traballos que serán recollidos de xeito físico ou a través da aula virtual.

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato (caderno, carpeta, traballos soltos, dixital...) técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

A nota final consistirá na media das 3 entregas ou avaliacións, segundo un peso en evolución crecente, que permitirá ao alumnado unha progresividade na adquisición das competencias requiridas para superar a materia: - 1ª entrega: 30% - 2ª entrega: 30% - 3ª entrega: 40%

PROBA FINAL: De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final, que consistirá nunha proba teórico-práctica



3º EPVA

SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado con esta materia pendente poderá recuperala seguindo un plan de reforzo ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro. Tendo en conta as necesidades do alumnado, os materiais dixitais poden ser complementados cun caderno de actividades en formato físico.

O profesorado poderá realizar un seguimento continuo do plan e do alumnado a través da aula virtual, ou mediante reunións presenciais convocando ó alumnado a través da aula virtual e especialmente a través dos titores que poden servir de estímulo para non abandonar estas materias que non se cursan.

A avaliación levarase a cabo nas datas indicadas e feitas públicas desde o centro, a través de entregas de traballos que serán recollidos de xeito físico ou a través da aula virtual. É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato (caderno, carpeta, traballos soltos, dixital...) técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

A nota final consistirá na media das 3 entregas ou avaliacións, segundo un peso en evolución crecente, que permitirá ao alumnado unha progresividade na adquisición das competencias requiridas para superar a materia:

- 1ª entrega: 30%

- 2ª entrega: 30%

- 3ª entrega: 40%

PROBA FINAL:

De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final, que consistirá nunha proba teórico-práctica



DEBUXO ARTÍSTICO

SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado que curse o 2º curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo un plan de actividades ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente a través da aula virtual do centro.

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase a través de 2 ou 3 entregas de traballos prácticos, así como de 2 ou 3 probas prácticas, nas datas establecidas polo centro cualificándose a nota do seguinte xeito:

- Realización e presentación de prácticas e propostas creativas: 40%

- Exame práctico: 60%

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que as prácticas e propostas creativas sexan entregadas nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

Un exemplo de ditos indicadores, que se poden aplicar na meirande parte das unidades didácticas sería o seguinte:

- Analiza a figura, encaixa e organiza o espazo de forma correcta: 30%

- Aplica correctamente os elementos da expresión gráfica (claroscuro, textura, forma, cor...): 30%

- Experimenta adecuadamente cos instrumentos de debuxo logrando un xesto espontáneo e persoal: 20%

- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde: 10%

- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo organizado, ben distribuído no tempo: 10%

A cualificación final será a media aritmética das 2 ou 3 quendas.

PROBA FINAL E PROBA EXTRAORDINARIA:

O alumnado poderá presentarse a unha proba final ordinaria e a unha extraordinaria, que consistirá na elaboración dun exercicio tipo práctico e unha unha serie de exercicios que o profesorado propoñerá con antelación, na que se avaliará o seu grao de consecución dos contidos mínimos esixibles.

Neste caso, a cualificación final do curso será a nota desta proba, que se cualificará segundo os seguintes instrumentos de avaliación e ponderación sobre a nota total:

- Exame práctico: 70%

- Exercicios: 30%


DEBUXO TÉCNICO APLICADO ÁS ARTES PLÁSTICAS

O alumnado que curse o segundo curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia (DTAAPD I) por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo o seguinte plan:

- Realizar e entregar trimestralmente un conxunto de exercicios prácticos relacionados coa parte da materia do trimestre correspondente. A cualificación dos exercicios prácticos suporá o 40% da cualificación do trimestre.

- Realizar unha proba escrita por trimestre. Poderá facerse coincidir coa proba escrita da materia do segundo curso. Esta proba suporá o 60% da cualificación do trimestre.

A cualificación final será a media aritmética dos tres trimestres sempre e cando ningún trimestre teña una cualificación final inferior a 4 puntos sobre 10.

No caso de non superar a materia polo medio descrito, o alumnado terá dereito a facer unha proba escrita final de toda a materia que suporá o 100% da nota.



PROXECTOS ARTÍSTICOS

SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado que curse o 2º curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo un plan de actividades ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro.

O seguimento de dito plan realizarase periodicamente, nas 3 datas de avaliación indicadas desde o centro, a través de entregas de traballos, que serán avaliados segundo o peso indicado a continuación:

- Traballos escritos: 20%

- Proba escrita: 20%

- Proxectos artísticos e memorias, coa súa correspondente documentación: 60%

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

A nota final consistirá na media ponderada das 3 entregas ou avaliacións

PROBA FINAL:

De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final ordinaria e a unha extraordinaria, que consistirá nunha proba escrita e elaboración dun proxecto artístico, similar aos traballados durante o curso, coa súa correspondente documentación textual e visual.


DEBUXO TÉCNICO 1

O alumnado que curse o segundo curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo o seguinte plan:

- Realizar e entregar trimestralmente un conxunto de exercicios prácticos relacionados coa parte da materia do trimestre correspondente. A cualificación dos exercicios prácticos suporá o 20% da cualificación do trimestre.

- Realizar unha proba escrita por trimestre. Poderá facerse coincidir coa proba escrita da materia do segundo curso. Esta proba suporá o 80% da cualificación do trimestre

Cada unha das partes (exercicios ou probas escritas) terase en conta a claridade e precisión no trazado con un 10% da cualificación.

A cualificación final será a media aritmética dos tres trimestres.

No caso de non superar a materia polo medio descrito, o alumnado terá dereito a facer unha proba escrita final de toda a materia que suporá o 100% da nota.

A cualificación definitiva será un número enteiro que se obterá mediante redondeo.

VOLUME

SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado que curse o segundo curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo un plan de actividades ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente a través da Aula Virtual do centro.

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase a través de 3 entregas de traballos prácticos, así como de 1 proba escrita, nas datas establecidas polo centro cualificándose a nota do seguinte xeito:

- Realización e presentación de prácticas e propostas creativas, acompañadas da correspondente documentación gráfica e textual: 80%

- Exame teórico: 20%

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que as prácticas e propostas creativas sexan entregadas nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

Un exemplo de ditos indicadores, que se poden aplicar na meirande parte das unidades didácticas sería o seguinte:

- Aplica correctamente as técnicas empregadas en función da mensaxe proposta, manexando os materiais e instrumentos necesarios de forma axeitada. 40%

- Aplica correctamente os elementos formais (composición, cor, textura, forma...). 40%

- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.10%

- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo correcto. 10%

A cualificación final será a media aritmética das tres quendas.

PROBA FINAL E PROBA EXTRAORDINARIA:

O alumnado poderá presentarse a unha proba final ordinaria e a unha extraordinaria, que consistirá na elaboración dun exercicio tipo práctico e unha proba teórica, na que se avaliará o seu grao de consecución dos contidos mínimos esixibles.

Neste caso, a cualificación final do curso será a nota desta proba, que se cualificará segundo os seguintes instrumentos de avaliación:

- Exame práctico: 80%

- Exame teórico: 20%

Exemplo de indicadores de logro aplicables na proba práctica:

- Aplica correctamente as técnicas empregadas en función da mensaxe proposta, manexando os materiais e instrumentos necesarios de forma axeitada. 40%

- Aplica correctamente os elementos formais (composición, cor, textura, forma...). 40%

- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.10%

- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo correcto. 10%


CULTURA AUDIOVISUAL

SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado que curse o segundo curso de bacharelato e estea matriculado nesta materia por non tela superada con anterioridade, poderá recuperala seguindo un plan de actividades ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente a través da Aula Virtual do centro.

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase a través de 2 ou 3 entregas de traballos prácticos, así como 1 ou 2 probas escritas, nas datas establecidas polo centro cualificándose a nota do seguinte xeito:

- Realización e presentación de prácticas e propostas creativas: 60%

- Exame teórico: 40%

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que as prácticas e propostas creativas sexan entregadas nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

PROBA FINAL E PROBA EXTRAORDINARIA:

O alumnado poderá presentarse a unha proba final ordinaria e a unha extraordinaria, que consistirá na elaboración dunha proba teórica, na que se avaliará o seu grao de consecución dos contidos mínimos esixibles.

Neste caso, a cualificación final do curso será a nota desta proba.