Skip to Content

Blog da Biblioteca

RADIO CON PONTE NAS ONDAS EN TEMPOS DA COVID

17/11/2020

Esta mañá o alumnado de 1º de ESO B tivo un obradoiro de radio con Ponte nas Ondas. É unha actividade programada polo equipo de biblioteca dentro do programa Radio na Biblio; estaba programada para abril do curso pasado e que tivo que adiarse ata agora. A Covid marcou os tempos. Para saber máis e escoitar o pódcast que gravaron entrade no blog Onda Perseveira.

"INTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ" CON NÚÑEZ SINGALA

05/11/2020

Onte, despois de ter que adiala polo confinamento, estivo co alumnado de 2º de Bacharelato Manuel Núñez Singala dentro do programa Encontros Literarios promovidos pola Dirección Xeral do Libro e o Fomento da Lectura do Ministerio de Educación. Podedes ler máis sobre a actividade no Blog da Biblioteca.

VIAXE A AVEIRO DOS CLUBS DE LECTURA CO IES AQUIS CELENIS DE CALDAS

22/06/2019

 

E chegou a viaxe de final de curso dos clubs de lectura a Aveiro!! Dise pronto pero xa van alá 9 anos dende que comezamos as viaxes a Portugal co club do IES Aquis Celenis de Caldas!!! Román, David, Pedro, Ana, Marga, Tere, Sonia e un montón de rapazada á procura de bibliotecas chulas, de horas do conto, de librarías fermosas… Viana, Porto, Braga, Guimaraes ou Coimbra… Amizades tecidas con palabras, con lecturas partilladas, con roteiros!

Se queredes saber máis destes dous días de amizades literarias, entrade no blog da biblioteca.

PREMIADOS NO VII CONCURSO ESCOLAR DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO

08/06/2019

 

Onte á tardiña, na Fundación Rosalía de Castro, Clara Tomé Mariño, de 4º de ESO, e Jesús Vázquez Pajares, de 1º de Bacharaelato, recolleron o galardóns do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, que convocan a Fundación e O Corte Inglés. Nos seus poemas ofrecen unha nova mirada dos cadros de Seoane. Palabra e cor unidos. 

Podedes ler máis sobre a Xornada no blog da biblioteca

"CARTAS A NINGURES" DENDE ONDA PERSEVEIRA

09/05/2019

Cartas a ningures, ou non. De nós pode depender o futuro da Terra. Así se chama o podcast que gravaron os mozos e mozas de 3º de ESO que participaron no obradoiro de radioteatro con Roberto Casal. Non tería sido posible, como en anteriores ocasións, sen o apoio da OMIX de Porto do Son. Mil grazas! É un luxo contar con actividades coma esta! Parabéns a Roberto e ao alumnado!

Entrade no blog de Onda Perseveira para escoitar o podcast e poder contextualizalo. Alí imos publicando o que gravamos na nosa radio, dentro do programa da Rede de Bibliotecas Escolares,  Radio na Biblio. 

 

GAÑADORAS DO CONCURSO DE HAIKIÑOS

27/04/2019

Estas son as gañadoras do concurso de Haikiños que promoveu a nosa querida María Míguez entre o alumnado de 2º de ESO tras facer con eles un obradoiro de Haikiños sostibles na Semana Cultural. Podedes ler os poemas no blog da biblioteca! Ben bonitos os cadernos adicados que lles deixou como premio!!!

OBRADOIRO DE RADIO BIBLIO CON PONTE NAS ONDAS

Onte estiveron connosco Xerardo e Damián, de Ponte nas ondas, dentro do programa de formación de Radio na Biblio. Alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO (boa parte do club de lectura), e un grupo de profes que os acompañaban, formáronse onte como técnicos de radio. 

Foi moi interesantes e divertido! Agora toca ir facendo novos programas dende Biblio, Normalización, os departamentos, os grupos de alumnos!

Máis no blog da biblio!

 

 

 

VÍDEO RESUMO DA FORMACIÓN EN RADIO NA BIBLIO

24/10/2018

No blog da nosa radio, Onda Perseveira, compartimos o vídeo-resumo que nos achega Javier Prado, de Rede Espora, con quen nos formamos alumnado e profesorado no curso 2017-18. Profes e profas no minuto 1:23. Os mozos e as mozas, no 5:02. Máis información en Onda Perseveira. Profes e profas no minuto 1:23. Os mozos e as mozas, no 5:02.

 

COMEZAMOS O PROGRAMA CON-CIENCIA!

11/10/2018

Onte comezamos o programa Con-Ciencia. A biblioteca será o espazo onde se desenvolverán os obradoiros e talleres sobre sostibilidade, nos que alumnado de 2º de ESO participará ao longo do curso en sesións de titoría e nas materias de Física e Química e ITI.

No marco do noso tema interdisciplinario para o 2018-19, facemos nosos os obxectivos desta iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible,  Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). Coma eles, pretendemos “con-cienciar” o noso alumnado e procuramos:

  • Poñer de manifesto a problemática actual global en materia de medio ambiente.
  • Valorar e debater como nos afecta a nivel local.
  • Fomentar unha actitude e traballo en equipo para tratar de expoñer solución.

Entra no blog da biblioteca para ler como foi a xornada.

O GALEGO A MIÑA LINGUA PROPIA. ALDAOLADO, PORQUE SI

05/10/2018

 

O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, é a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e que está a levar polos centros xornalistas, pintores, cineastas, poetas, editoras, músicos.... Son referentes na cultura galega, fixeron e fan da lingua galega e da identidade galega a base dos seus traballos e das súas creacións.

Connosco, este martes na biblioteca, estiveron Aldaolado,  Lucía Aldao e María Lado. Porque si. Porque son poetas, porque contan en galego, cantan en galego, porque senten e comunican en galego… Porque rin. Porque nos fan rir. Porque conmoven. Porque moven… 

Entra no blog da biblio, ETIKELES, para ler sobre esta actividade do EDLG, o equipo de biblio e o departamento de Lingua Galega. Conseguiron enganchar o alumando de 4º de ESO!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut