Skip to Content

Complementarias

CONFIRMADA A APORTACIÓN PARA OS CLUBS DE LECTURA!!!

07/01/2018

Comezamos ben o 2018. Neste Nadal confirmáronnos a aportación de Educación para os clubs de lectura: 1320 euros!!! Non está nada mal, pois, grazas a Sabela, que coordina o grupo de adultos para profes e demais membros da comunidade educativa, xestionaremos 3 clubs de lectura. Boa falta han de facer e ben veñen para aumentar os nosos fondos. O xornal La Voz de Galicia daba conta estes días da nova. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca e no noso Facebook

APRENDENDO MENTRES FESTEXAMOS O FINAL DO TRIMESTRE

07/01/2018

Remata o trimeste. O 20 e o 21 foron xornadas un tanto "festivas", cos ánimos das vacacións de Nadal e a relaxación (para uns máis que para outros) dos exames rematados. 

O mércores 20 os mozos e mozas de 2º de ESO fixeron unha ruta dende a praia do Dique ata o IES. Será base de traballo para distintas materias, na liña de traballo por proxectos arredor das rutas que ofrece o Concello e que se desenvolve nos primeiros niveis da ESO. Convertemos o entorno en aula-recurso. Podedes ler máis sobre esta actividade entrando aquí, na páxina dos proxectos deste espazo virtual.

O xoves 20, os rapaces e rapazas de 1º de ESO comezaron a xornada expoñendo na Sala Perseveira as súas propostas, traballadas na materia de Plástica, sobre as esculturas que han de facer para o proxecto Botellas con mensaxe, enmacardo no proxecto da Ruta da Auga de 1º de ESO, que procura a aprendizaxe partindo da reflexión sobre a sostibilidade e o traballo en equipo. A máis votada será a que realizarán para unir á Pulpusha.

 

No salón de actos, o alumnado de francés andaba enfariñado facendo biscuits de Noël, mentres as profes, Corinne e Sandra, ataviadas para a ocasión con mandil e luvas de cociña, ían dando instrucións. Divertida forma de aprender o francés no mundo da cociña. As galletas, que fornearon na cafetería, estaban boísimas!!! 

   

Houbo tamén tempo para o deporte no polideportivo antes de recoller as notas!!!

 

  

SELECCIONADOS EN "RADIO NA BIBLIO"

12/12/2017

Cos enredos de exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa "RADIO NA BIBLIO". Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

12/12/2017

O día 5 de decembro, co motivo do Día Internacional do Voluntariado, o equipo de correspondentes xuvenís deu a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa cunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON. Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas. Esta actividade foi promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís). 

Seguimos cos temas da Comunicación e a Convivencia! Grazas chic@s pola vosa implicación!!!!

 

CON PILAR DÍAZ BURGOS, EDUCAR PARA ATALLAR A VIOLENCIA "INVISIBLE"

10/12/2017

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no Centro de Recuperación Integral (CRI). Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación. 

A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir sinais que permitan detectar novas formas de violencia invisible na mocidade. Mostrounos diferentes campañas de sensibilización. E, como non, subliñou a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións. 

 

Neste programa da RTVG podedes escoitala:

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL CON FARAXA

29/11/2017

Esta semana desenvolvemos algunhas das actividades arredor da educación afectivo-sexual que se enmarcan no Plan de Acción Titorial. Delas forman parte as charlas impartidas pola asociación Faraxa, dentro do seu plan de servizos educativos. A organización foi a seguinte:

1º de ESO: Educación afectivo-sexual.

2º de ESO: Desigualdades e violencias cotiás vinculadas ao xénero.

3º de ESO: Educación para a saúde. Enfermidades de transmisión sexual e métodos de protección.

 

IESON BLACK FRIDAY, Día contra a Violencia Machista

25/11/2017

Aquí estamos, facendo pensar. Pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás, as avoas... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade!

DE CAMIÑO A CASA...

MAGOSTO, OUTONO 2017

10/11/2017

Estupendo magosto! As castañas no seu punto e a paella exquisita! Estivo ben lembrar cos mozos e mozas do centro a corda, o aro, a goma, o tres en raia, a mariola... E mesmo facer estiramentos con posturas inimaxinables nun twister improvisado! Aí van os agradecementos... Á ANPA que pagou as castañas, aos profes que foron ás setas con Antón para que el e Rosi puideran preparar a paella, a Virginia e ao seu grupo de 3º de ESO que axudaron coas castañas, aos mozos e mozas de Artes Escénicas, a Manolo e Chus polo biscoito... e... seguro que alguén queda...! Unha boa xornada de convivencia!

 

VISITA ÁS MINAS DE SAN FINX

05/11/2017

O alumnado de 4º de ESO visitou o venres pasado as minas de San Finx. Foi unha saída interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia que complementa o traballo realizado a partir da lectura da obra Febre, de Hector Carré, ambientada na zona de Noia e Lousame na época da "febre do wolframio". Os guías mostráronlles os diferentes espazos da zona, a sala do museo e déronlles unha charla sobre a historia da mina. Hai uns anos o autor estivera no centro e, daquela, o alumnado, que tamén se desprazara a Noia e á mina, fixéralle unha entrevista ao autor na nosa biblioteca. 

 

NA XVIII MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

05/11/2017

Noia está estes días engalanada para recibir a sétima arte e nós asistimos o venres pasado como convidados á sección “Curta Cativa”, no Coliseo Noela. En colaboración con "Aldeas Infantís", que celebra este ano o seu 50 aniversario, proxectaron as curtametraxes DistintosVuelta al mundoPrincesa de hielo, e Pez, que se enmarcan dentro do programa  que permite levar a cabo a loita polos dereitos infantís “Yo también cuento”. Na mesma liña, The Box, que nos emocionou lembrándonos o problema dos nenos refuxiados que foxen da guerra de Siria. O alumnado de 2º de ESO disfrutou unha mañá de cine e valores. A saída insírese no tema interdisciplinar da Comunicación e ten especial interese para os mozos e mozas que cursan a materia de ITI, centrada neste nivel no tratamento da alfabetización audiovisual.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut