Skip to Content

CON PILAR DÍAZ BURGOS, EDUCAR PARA ATALLAR A VIOLENCIA "INVISIBLE"

10/12/2017

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no Centro de Recuperación Integral (CRI). Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación. 

A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir sinais que permitan detectar novas formas de violencia invisible na mocidade. Mostrounos diferentes campañas de sensibilización. E, como non, subliñou a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións. 

 

Neste programa da RTVG podedes escoitala:

Raúl Soutelo faise co Premio Manuel Murguía de Ensaio

30/11/2017

Seguimos con novas dos éxitos  dos nosos compañeiros!!! Desta volta o galardoado é Raúl Soutelo, quen, xunto con José Manuel Vázquez Lijó, vén de gañar por segunda vez o PREMIO MANUEL MURGUÍA DE ENSAIO coa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño

O xornal Sermos Galiza recolle a nova. Dende o IES dámoslles os parabéns polo recoñecemento ao esforzo no seu labor de investigación. O equipo de biblioteca, do que forma parte, súmase ás felicitacións e recoméndavos a lectura da súa obra As cartas do destino.

 

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL CON FARAXA

29/11/2017

Esta semana desenvolvemos algunhas das actividades arredor da educación afectivo-sexual que se enmarcan no Plan de Acción Titorial. Delas forman parte as charlas impartidas pola asociación Faraxa, dentro do seu plan de servizos educativos. A organización foi a seguinte:

1º de ESO: Educación afectivo-sexual.

2º de ESO: Desigualdades e violencias cotiás vinculadas ao xénero.

3º de ESO: Educación para a saúde. Enfermidades de transmisión sexual e métodos de protección.

 

IESON BLACK FRIDAY, Día contra a Violencia Machista

25/11/2017

Aquí estamos, facendo pensar. Pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás, as avoas... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade!

DE CAMIÑO A CASA...

Lambda, revista sobre matemáticas recreativas e curiosidades

25/11/2017

Macías, compañeiro do departamento de Matermáticas, vén de agasallarnos cunha novidade editorial no centro: Lambda, “revista sobre matemáticas recreativas e curiosidades”.  A UNESCO conmemora o10 de novembro o Día da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Nos centros escolares de Galicia, este mes de outono pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego. Este ano, a proposta de Igaciencia, lembramos dúas figuras: Darwin e Domingo Fontán. Do importantísimo labor deste último dáse conta na revista, xunto con curiosidades que han de facer que pasedes un rato ben agradable con ciencia CON CONCIENCIA, contada en galego. Podedes descargala co código QR. 

 

 

Tras os pasos de Martín Códax, Xulio Verne e Mendinho na ría de Vigo

21/11/2017

Xulio Verne desexaría estar de volta por Vigo e disfrutaría a visita a un espazo de excepción, o Museo do Mar de Galicia, ficando engaiolado dunha das xoias da nosa literatura medieval, o Pergamiño Vindel. Nós estivemos alí o xoves pasado co alumnado de 3º de ESO, unha oportunidade de excepción tendo en conta que só estará connosco ata a primavera antes de regresar á Morgan Library de Nova York, onde de novo, só terán acceso a el os investigadores!!! No Museo seguimos tamén os pasos de Sanjurjo Badía, Xulio Verne... Contextualizamos así a lectura da obra "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" que traballaremos nestes meses. Despois, o Centro Arqueolóxico Salinae (o sal, salario e tesouro romano no Areal), o escritor francés acompañado dun polvo xigante e a illa de San Simón agardando por nós para falarnos de Nemo, Mendinho, os tempos do Lazareto, da Guerra Civil, a posguerra, o silencio e... A MEMORIA!!!!

No blog da biblioteca podedes ler a entrada desta actividade orgnanizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia neste vídeo ver as imaxes da xornada:

El Quijote por Ricardo Frazer

14/11/2017

Esta mañá unha boa parte do alumnado asistiu na Casa de Cultura á posta en escena de El Quijote. R2D2 e o actor Ricardo Frazer reflexionan en escena sobre a lectura que na actualidade se pode facer da obra de Cervantes. A máquina e o home lévannos a momentos cheos de humor, mais tamén a deternos a pensar sobre por que esta novela continúa vixente nestes tempos. 

Sen dúbida, unha interesantísima actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, na que coincidiron con alumnado dun centro de Noia. 

MAGOSTO, OUTONO 2017

10/11/2017

Estupendo magosto! As castañas no seu punto e a paella exquisita! Estivo ben lembrar cos mozos e mozas do centro a corda, o aro, a goma, o tres en raia, a mariola... E mesmo facer estiramentos con posturas inimaxinables nun twister improvisado! Aí van os agradecementos... Á ANPA que pagou as castañas, aos profes que foron ás setas con Antón para que el e Rosi puideran preparar a paella, a Virginia e ao seu grupo de 3º de ESO que axudaron coas castañas, aos mozos e mozas de Artes Escénicas, a Manolo e Chus polo biscoito... e... seguro que alguén queda...! Unha boa xornada de convivencia!

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATO CURTO DE MEDO!!!

10/11/2017

O equipo de biblioteca vén de entregar hoxe os premios a Érika, Suso e Susana, gañadores do Concurso de relatos curtos de medo! Podedes ler os seus textos na entrada do blog da biblio!

NOTAS DE CORTE 2017/2018 E PARÁMETROS DE PONDERACIÓN 2018/2019

08/11/2017

Para o alumnado de BACH. Prestade atención ás

NOTAS DE CORTE do 2017/2018 e aos

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

das materias ABAU 2018/2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut