Skip to Content

#FRIDAYSFORFUTURE, 15M DO CLIMA

15/03/2019

 

Alá por agosto, unha moza sueca comezou a mobilizarse contra o cambio climático. Greta Thunberg foi quen de crear un movemento que axitou as conciencias e que nos levou ata este 15M DO CAMBIO CLIMÁTICO, o #FridaysForFuture.

Andamos enredados en exames, pero aínda así un grupo de mozos e mozas de 4º de ESO, Rita, Otho, Érika e María, decidiron actuar, posicionarse, facernos pensar. No primeiro recreo mostráronnos un cartel e leron un manifesto. Este manifesto no que, sendo novos como son, nos dan aos adultos e á clase política unha lección de compromiso! REPARADE NEL, ACTUADE, UNÍDEVOS A ESTA CADEA de loita pola TERRA, polo FUTURO! 

Por fin chegou o día, o momento no que os alumnos do IES do Porto do Son nos levantamos nunha soa voz para facer algo importante, para mostrar que non nos imos quedar quietos ante algo que estamos vendo a cotío, para que futuras xeracións non te an que vivir nun mundo peor.

Temos tempo para cambiar, aínda que sexa pouco. Temos  11 anos para cambiar a nosa forma de acturar, para que non sexa irreversible o dano que lle estamos facendo ao noso planeta. Sei que parece moito tempo, pero non é tan sinxelo cambiar a mentalidade de tantas xeraci óns que estiveron contaminando este planeta durante tanto tempo.

Estou canso de que as empresas se lucren para seren só  eles os que se beneficien.  Sinceramente, non vexo l óxico que se perda vida por gañar diñeiro, por facerse un pouco máis ricos. .

Non só  temos que concienciarnos nós, teñen que concienciarse tamén as seguintes xeraci óns para que sigan a nosa loita, que non crean que haxa  unha restrición de idade para intentar facer isto posible. Facer que a xente non sexa tan egocéntrica, que comecemos a pensar en todas e todos. Hoxe reunímonos aquí por esta causa, aínda que sexamos poucos, pero agardo que mañá sexamos moitos máis. Xa temos unha idade para deixar de falar e comezar a actuar.

 

Comezou Greta, nós seguimos e agardamos que vós tamén sigades!

 

O traballo do IES arredor da Sostibilidade vai dando froitos, vai xerando sementes! Sementes e árbores que han medrar cunha esperanza de futuro e que hoxe plantaron coa profesora de Bioloxía:

   

 

 



story | by Dr. Radut