Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 11, 2021
Start: 11/02/2021 00:00

Hoxe 11 de febreiro, conmemoramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia!

O alumnado de 3º de ESO D presenta en Onda Perseveira, dende as materias de Matemáticas e Lingua Galega, o programa Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomaso primeiro dos podcasts que publicarán ata o 24 de febreiro, Día de Rosalía.

Pola súa parte, o alumnado de 2º de bacharelato, nun proxecto da materia de Lingua Castelá e biblioteca, súmase con vídeos que poñen en valor o traballo de relavantes mulleres científicas. 

Animádevos a coñecer estas producións nos blogs de Onda Perseveira e Etikeles!

 

 

Mércores Febreiro 24, 2021

 

Achegamos os enlaces ao programa de divulgación científica Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas. É resultado do traballo co alumnado de 3º de ESO D nas materias de Matemáticas e Lingua Galega para conmemorar o Día da Muller e a nena na Ciencia e o Día de Rosalía. 

Partimos da estrela Rosalía para poñer en valor as mulleres científicas e o uso da lingua galega para comunicar ciencia. 
 
E hoxe, 24 de febreiro, pechamos coa astrónoma galega Antonia Ferrín e co sorriso fachendoso de Rosalía de Castro!
Xoves Febreiro 25, 2021
Start: 25/02/2021 09:24

COMUNICAMOS QUE:

Rematado o prazo para presentación de solicitude de reserva do alumnado dos centros adscritos, tódolos solicitantes foron admitidos.

Venres Febreiro 26, 2021

O alumnado da materia de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na XII Olimpíada Xeolóxica (este ano virtual) e os resultados, por segundo ano consecutivo, foron excelentes. Laura Pego quedou segunda na categoría individual, e por outra banda, Érika Vila, Rita Vila, Marta Olveira e María Calo, conseguiron o primeiro premio na categoría de grupos. Non hai que esquecer o bo facer de Saulo Rey, Laura Lojo e Valentín Bonfiglio axudando ao éxito do grupo. Tendo en conta a dificultade das probas e o bo nivel dos outros centros que participaron, sobran os motivos para estar orgullosos do seu traballo. Rock on!!!!!!

Luns Marzo 08, 2021
Start: 08/03/2021 12:30
End: 08/03/2021 13:30

Charla do paso do ciclo superior á universidade a cargo de Borja Cervera Torres (antiguo alumno)

Lugar: aula ciclo

Hora: 12:30 - 13:30

Distribuir contido


by Dr. Radut