Documentos

Programa Orienta 2015/16

Para descargar o Programa Orienta 2015/16 preme aquí

Despois de descargalo é necesario descomprimilo. Unha vez feito esto buscase na carpeta "uti" o arquivo para poder instalalo (e único que hai)

Boletíns de cualificacións

Despois de cada unha das avaliacións entrégase ao alumnado o boletín de cualificacións correspondente, que deberá ser asinado polo pai, ou nai ou persoa que ostente a titoría legal do alumno ou alumna. A parte inferior deberá devolverse ao profesorado titor do grupo.  Cómpre que se teña en conta que as modificacións que se poidan producir nas cualificacións nunca se comunican de xeito verbal, e tampouco é habitual que se fagan rectidicacións manualmente, pois usualmente se procede a elaborar un novo boletín. En todo caso, calquera modificación no boletín aparecerá indicada de xeito explícito no recadro de observacións e terá a sinatura do profesorado titor.  Por outra banda, recoméndase que o seguimento da evolución do alumnado non se leve a cabo unicamente a través do boletín de cualificacións, senón que se manteña contacto co profesorado titor.Pódese ver un modelo de boletín premendo nesta ligazón.Actualizado: 1 de xullo de 2013

Distribuir contido