Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións relacionadas coa organización e a xestión da loxística de almacenamento.

As funcións de almacenamento abranguen aspectos como:

- Aplicación da normativa existente sobre a actividade de almacenaxe e distribución.
- Organización dos almacéns por tipo de empresa, produtos, clientela e produción etc.
- Distribución e manipulación das mercadorías dentro do almacén.
- Cálculo dos custes de funcionamento do almacén.
- Xestión das existencias.
- Tratamento das mercadorías retornadas.
- Sistemas de calidade no almacén.