Convocatoria de bolsas para estudos postobrigatorios no curso 2023-2024

Como todos os anos, o Ministerio de Educación convoca bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no curso 2023-2024.

  • Estas bolsas van dirixidas a alumnado que se matricule en Bacharelato, Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) ou estudos universitarios, entre outros.
  • O prazo de solicitude abrirase o 27 de marzo e rematará o 17 de maio ás 24:00, hora peninsular.
  • A solicitude debe facerse obrigatoriamente de xeito telemático.

IMPORTANTE: Dado que o prazo remata o 17 de maio, haberá que presentar a solicitude antes de coñecer as notas finais e de saber que ensinanzas se van cursar durante o ano académico 2023-2024 polo que a solicitude debe facerse para os estudos que se pretendan cursar como primeira opción.

Poden consultar toda a información dispoñible no Portal de Becas do Ministerio.