FILOSOFÍA: b1a, b1c, b2b,b2d 3ª AVALIACIÓN: 20/4/20

Ben alumn@s  hai que animarse a facer as actividades porque de momento salvo excepcións non estabades  enviando tarefas de filosofía  posiblemente porque non eran avaliables para a  2ª avaliación . Agora xa  estamos na 3ª avaliación e vou precisar que realicedes algunhas  tarefas para poder calificarvos.
Tranquil@s  non quero tampouco que a xente se agobie,  simplemente pido que cada semana ou dúas semanas realicedes a tarefa o mellor que poidades. Teño que facerme co correo de tod@s @s alumn@s  entón  a ver se podedes colaborar . Grazas por anticipado.

ACTIVIDADE
    Imos utilizar a seguinte  información do libro de texto, páx 26 da unidade didáctica nº1 e as páx. 187, 188 e 189 da unidade didáctica nº8.
O traballo consiste en realizar un escrito sobre tres filósofos ou escolas da Filosofía antiga explicando o seu pensamento xeral pero engadindo tamén unha breve información sobre a súa teoría ética.
A composición debe estar debidamente organizada en introdución, corpo do escrito e conclusión. De amplitude,  dúas carillas como mínimo e tres como máximo.

Ánimo. Evidentemente podedes realizarme consultas polo correo.

 Dolores Losada Arias: profesora de filosofía 
 Correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

FILOSOFÍA: B1D, B1F, b1a, b1c, b2b, b2d                                   2ª AVALIACIÓN: 30/3/20

Este documento vai destinado ó alumnado que está matriculado nos cursos sinalados anteriormente, é dicir: B1D da quenda de vespertino, B1F da quenda de mañá e todo o alumnado matriculado nesta materia  nun curso de adult@s.   

Ola, alumn@s. Sirvome deste comunicado fundamentalmente para que dalgún  xeito sigamos en contacto e non vos esquezades da materia e dos compañeir@s.
    Se vos animades podedes facer as seguintes actividades:
    - Un mapa conceptual das ferramentas  do coñecemento  segundo os contidos da páxina 46 do tema de Epistemoloxía.
    - Un escrito de dúas carillas de amplitude sobre a evolución  da conciencia moral. O escrito debe coidar a organización e evitar ser unha mera copia da páxina 185 do tema  de Ética.
    - Preparade tamén un dilema para levar á clase cando voltemos que teña algunha relación coa situación que estamos vivindo de encerro.

Deixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

Ánimo e mantede esa alegría que vos caracteriza.

Dolores Losada Arias: profesora de filosofía

FILOSOFÍA: B1D, B1F, b1a, b1c, b2b, b2d                                   2ª AVALIACIÓN: 21/3/20

Este documento  é para informar ó alumnado que está matriculado nos cursos sinalados anteriormente, é dicir: B1D da quenda de vespertino, B1F da quenda de mañá e todo o alumnado matriculad@s nesta materia  nun curso de adult@s.   

 Ola  alumn@s. Este comunicado é para contactar e en definitiva volver  repetir o que xa informei nas clases por si vos esquecestes. Como tiñamos que ter os exames nos  días 16, 17,18  de marzo xa sabedes cales son os contidos que hai que estudar para alcanzar os obxectivos pero volvo a insistir nisto:
    Tema 2 de Epistemoloxía. Estudade intentando facer as actividades.
    Tema 8 de Ética, exceptuando ou excluíndo o apartado 2 “ Algunhas teorías éticas”   que estudaremos na 3ª avaliación. Prestade atención ós conceptos ou terminoloxía dos dous apartados a estudar.

Ánimo e tranquil@s que cando voltemos xa tod@s nos organizaremos  o mellor posible.

Dolores Losada Arias: profesora de filosofía