ESA4: SOCIEDADE 20 /4/20 1º BIMESTRE

Xa estamos de volta das vacacións e imos facer dúas actividades.

- Buscade un texto sobre a Guerra Fría pero non podedes utilizar os que eu vos aportei nas clases presencias. Tedes que seleccionar adecuadamente  o escrito porque a continuación hai que explicar cal é o tema concreto, a mensaxe e  a importancia do dito texto na actualidade .

- Consulta na unidade didáctica nº 15 a explicación dun  test de orientación vocacinal. A continuación elabora ti  as preguntas do test coas conseguintes respostas.

Ánimo.

Dolores Losada Arias: profesora de Sociedade de ESA4

ESA4:  SOCIEDADE                              2/4/20                                 1º BIMESTRE

Ola alumn@s

Temos que ir avanzando nos contidos deste bimestre porque hai que ter en conta que a avaliación  inicial estaba prevista  para o 23 de abril. Hai que estar abertos a todos os posibles escenarios polo tanto a esforzarnos un pouquiño,  se a nosa saúde e a dos nosos achegados no lo permite.
Imos intentar traballar o último apartado da unidade didáctica 13: “A Ditadura de Franco e a Transición”. Esta semana ímonos  deter concretamente nos contidos  sobre a ditadura que podedes atopar a partir da páxina 38 ata 49 sempre e cando estudedes coa unidade que está en galego.

- Le o seguinte texto varias veces e a continuación fai as actividades.
“A ensinanza  foi case un monopolio da Igrexa católica. A coeducación prohibiuse e gran parte dos mestres republicanos foron apartados dos seus postos.
A ensinanza debía contribuír a difundir entre nenos e mozos os valores do réxime, como o amor á patria, o papel secundario da muller e a mitificación da figura de Franco. Ata a aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970 non se intentou modernizar o sistema educativo español, adecuándoo á realidade social do país”.

    Explica o significado das seguintes palabras: monopolio, coeducación e mitificación.

    Cal é o tema deste texto?

    Cal é a mensaxe que se transmite dese tema por parte do autor?

   
    Que intenta hoxe difundir a educación entre nenos e mozos?

    Que debería intentar difundir a educación?

- Consulta a páxina 64 desta unidade didáctica e escribe información, aproximadamente unha carilla,  sobre a ditadura de Franco que consideres importante pero que non inclúen no resumo.

Déixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

Ánimo para estas vacacións tan diferentes das que esperabamos.

Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4

   

 

ESA4:  SOCIEDADE                              30/3/20                                 1º BIMESTRE

Ola alumn@s.
Hai que animarse e  facer algún  exercicio para enviarmo ó correo. A tod@s cústanos comezar un traballo pero unha vez que collemos o ritmo xa é máis levadeiro.
Non tedes que preocuparvos por se non está perfecto, a perfección é un ideal ó que non imos chegar. Só desexo saber que estades aí con esa forza que caracteriza os meus alumnos cando se propoñen facer algo.
Hoxe imos traballar sobre o tema “Iniciación á actividade emprendedora e empresarial”. A materia  que tiñamos que preparar para o exame no resumo abarcaba dende a páxina 28 ata a páxina 32 inclusive.
    Fai un escrito en forma de diálogo. Necesariamente teñen que aparecer dous personaxes, un empresari@ e un obreir@. A extensión, aproximadamente dúas carillas.
    Nas páx. 36,37,38 e 39 do tema tedes as actividades tipo test. Facede só aquelas nas que o enunciado fai referencia á materia que tiñamos que estudar para o exame.

Deixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4

   

ESA4:  SOCIEDADE                              20 /3/20                                 1º BIMESTRE
   

Ben, alumn@s,  aquí estamos. Hai que animarse e poñerse co estudo desta materia porque dese xeito cando nos incorporemos ás clases imos  comprobar que seguir as recomendacións expostas vos vai a ser proveitoso para alcanzar os obxectivos.
Imos  repasar os contidos que tiñamos que estudar para o último exame da Unidade didáctica 13, concretamente os que competen “A Guerra Fría e o proceso de descolonización”.
 Lede atentamente as páxinas  destes dous apartados facendo a continuación os exercicios correspondentes recurrindo só ás solucións das actividades unha vez que dunha forma persoal  os teñades feitos.
 Estudade  con detemento o resumo dos contidos nas páx: 58,59,60,61,62,63 e 64 .

Dolores Losada Arias: profesora de Sociedade de ESA4