TRABALLO PLÁSTICA

Ola chic@s!!!!! espero que estedes moi ben. Continuando cos traballos de técnicas do 1º e 2º trimestre, envíovos un pequeno RETO. Xa que confinados na casa non sempre dispoñemos dos materiais máis idóneos para realizar un debuxo, pintura etc...propóñovos que creedes unha imaxe con elementos cotiás: obxectos, roupa, xoguetes, comida.... Antes de comezar consultade a obra do seguinte artista: VIK MUNIZ. Despois estou segura de que comprenderedes mellor o obxectivo do reto e a vosa cabeza comezará a funcionar. Tentade que a vosa imaxe estéa a altura das vosas pretensións, non vos conformedes co primeiro que se vos ocorra. Tedes varios días por diante para darlle voltas. Enviádeme as vosas creacións ao correo  iespolitecnico.epv@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo.