Mobilidade Alemaña. Dinamización FP DUAL

O  alumnado de FP Dual do CM Mantemento electromecánico e CS Mecatrónica industrial realizaron unha Mobilidade a Alemaña enmarcada dentro do Plan de dinamización da FP dual de Galicia da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Esta mobilidade permitiulle ao alumnado visitar a Feira Blechexpo and Schweisstec sobre tecnoloxías de unión e tratamento de chapa en Stuttgart. Nesta feira puideron aprender e visualizar novas tecnoloxías neste campo de traballo. Ademais tamén visitaron en Paderborn a central da empresa coa que realizan a formación dual, Benteler Automotive GmbH.

Esta viaxe tamén serviu para mellorar as súas competencias sociais e lingüísticas, visitando distintos museos en varias cidades alemáns como Stuttgart, Munich, Colonia ou Paderbor.