Aprendizaxe para o Servizo
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 11:05
A Aprendizaxe para o Servizo é unha ferramenta pedagóxica que permite dar resposta ás necesidades da comunidade educativa mediante o traballo en equipo tanto do alumnado como do profesorado.
Grupos de diferentes perfís procuran temas ou problemática do seu interese e traballan para espertar a conciencia e o pensamento crítico con fin de cambiar patróns ou estereotipos arraigados que impiden un desenvolvemento saudable da persoa.
Velaquí tedes os resultados dos proxectos de 4º ESO no curso 203-24:
Para difundir a información realizaron charlas e talleres nos grupos da ESO e unha exposición final no patio do instituto á que se invitou tamén ós pais e á prensa.