Recomendámosche

CINE por unha CULTURA DE PAZ

Xa que este ano a biblioteca do centro nos propón explorar o mundo do CINE, propoñémosvos o visionado de algunha das películas incluídas na guía que aquí deixamos para conmemorar o Dia Escolar pola Paz e a Non violencia (galería). Lembrade que todos os títulos que suxerimos están a vosa disposición na biblioteca.

 

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: PROPOSTA DE PELÍCULAS

Hoxe , 25 de novembro, conmemórase a nivel Internacional o Día contra a Violencia de Xénero. Aínda que é unha efeméride que nos gustaría non ter que lembrar, deixamos aquí un pequeno tríptico con películas que de algunha maneira aboran o tema e nos poden axudar a reflexionar e a cambiar actitudes.

BIBLIOTECA ABERTA POR VACACIÓNS

 

Aproveitando a chegada das vacacións estivais, e o feito de que imos ter tempo e tempo para facer de todo, propoñémosvos visitar a biblioteca antes do último día de fin de curso e levar ( para vós e os membros da vosa familia) algunhas das novidades que ofrecemos na guía de recomendacións para este verán. Podedes devolver os materiais que levedes á volta das vacacións, no mes de setembro .

Lecturas para o verán

A proposta de lecturas e películas está feita tendo en conta os libros que vós mesmos seleccionáchedes durante a visita ó centro de Lola, da librería Aenea de Santiago. Incluímos tamén varias novidades do mercado editorial así como algunhas das últimas adquisicións en formato DVD, para ver cine con toda a familia.

Esperámosvos na BIBLIO!!

BO VERÁN E BOAS LECTURAS A TODOS!!

 

NADAL 2013: RECOMENDACIÓNS de LECTURA E CINE da Biblioteca

Neste ENLACE e no ficheiro adxunto atoparás a proposta de lecturas e de películas da biblioteca para este Nadal, cun especial énfase nos libros adicados a coñecer mellor o mundo da CIENCIA.BOAS LECTURAS E VACACIÓNS A TODOS!!

VERÁN DE LIBRO: proposta de lecturas e películas da biblioteca

Como vén sendo habitual por estas datas, deixámosvos NESTE ENLACE a nosa proposta de lecturas -e películas- para as vacacións. Lembrade que a biblioteca ofrece un servizo de empréstito de fondos para o período estival.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA do ALUMNADO DE 1º ESO

Xa que se acercan as vacacións de verán e dado que a chuvia insiste en facernos compaña, que mellor plan que coller un bo libro para pasar a tarde (na praia ou no sofá da vosa casa). Por se andades un pouco perdidos e non sabedes que título escoller, o alumnado de 1º de ESO faivos as seguintes propostas:

NO DÍA DA PAZ (E NON VIOLENCIA): LIBROS E PELÍCULAS

Dende a Biblioteca, invitámosvos á reflexión sobre o comportamento da especie humana con esta guía de lecturas e películas.

LECTURAS RECOMENDADAS: NADAL 2012

Aquí van as propostas de libros e películas da biblioteca para este Nadal.

VERÁN DE LIBRO: Recomendacións da biblioteca para as vacacións

Agora que se aproxima o tempo de descanso (non para todos), seguro que atopades máis dun momento para coller un libro entre as mans . Estas son as nosas suxestións de lectura (e tamén de películas) para este verán:

Powered by Drupal - Design by artinet