Artes Plásticas

ACTIVIDADE 4º E.S.O. CURTAMETRAXE (NOVA DATA)

O cine como  ferramenta  para gravar un relato coa nosa mirada do que está a acontecer estes días no noso entorno e nas nosas vidas.

Como me comentades que precisades máis tempo para rematala actividade, a nova data de entrega será o 27 de Maio.

VALORES ÉTICOS, ENLACE AO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Como xa vos comuniquei por correo electrónico a publicación das actividades de V.E. publicaranse no departamento de xeografía e historia ao cal pertence a materia a falta do de filosofía.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespoetaanon/node/911

 

1º E.S.O. PRORROGA DATA DE ENTREGA DO TRABALLO MODULAR

Ola chic@s, como me pedides que dea máis flexibilidade na data de entrega do voso traballo  <

ACTIVIDADE PARA 1º E.S.O.

 

Como xa case tod@s rematáchedes o traballo MODULAR, propóñovos ampliar un chisco esa información compartindo uns enlaces sobre o mesmo tema, neles coñeceredes a un artista como Escher pai das ilusións ópticas, un artista visual como Cristóbal Vila ou Yayoi Kusama e tamén algunhas das mais impresionantes ilusións ópticas.

Como traballo só vos pido que entredes e os vexades, mais nada.

ENLACE PARA VER OS VOSOS TRABALLOS MODULARES 1ª E.S.O.

 
 Irei publicando todos os vosos traballos aquí, para compartilo con tod@s vos.
Animádevos a seguir traballando así de ben.

DATA DE ENTREGA ACTIVIDADE MODULOS 1º E.S.O.

Coa esperanza de que xa teredes revisado e practicado todo ou gran parte do material de apoio que vos compartín, tanto aquí como en EDIXGAL (Plástica) para realizar a actividade. Penso que xa é hora de por unha data de entrega, xa que bastantes de estes traballos xa me están chegando por gmail.

Vou dar como data límite o venres 24 de Abril, para recoller os resultados das vosas creacións modulares.

ACLARACIÓNS TRABALLO DE PLÁSTICA 1º E.S.O.

Compartín a través da plataforma EDIXGAL o tema “Debuxo técnico II”. Coñece e clasifica os triángulos, cuadriláteros, paralelogramos e polígonos.

Son para que practiquedes as construcións de polígonos e demais figuras xeométricas.

ACLARACIÓNS DÚBIDAS 4º E.S.O.

 

Ás pezas que fagades nas vosas casas, serán curtas non superiores a 10 minutos .

Propoñémosvos que reflexionedes xunto ás vosas familias sobre o confinamento, sobre como é a nosa vida agora, solidariedade, sobre o país que

ACTIVIDADE PARA 4º E.S.O.

O cine como  ferramenta  para gravar un relato coa nosa mirada do que está a acontecer estes días no noso entorno e nas nosas vidas.

Posible data de entrega 22 de Abril.

CURTAMETRAXE

https://www.youtube.com/watch?v=29H8jLwB3Qc&feature=youtu.be

 

DATA ENTREGA TRABALLO PUBLICIDADE 3º

Como vos comuniquei polo correo electrónico,( ante as vosas dúbidas, sobre a data de entrega do traballo de publicidade), a data límite será o día 24 de Abril, decidín retrasalo polas vacacións de Semana Santa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet