TRABALLO A REALIZAR DURANTE O PECHE DO CENTRO

 

 

"E mentres nós estamos encerrados, as augas volven a cristalizar, o aire límpase, as árbores deixan de ser taladas e os animais poderán habitar en paz por un tempo.

A natureza é tan máxica que ela mesma está purificándose do mal que lle fixemos. Estamos vivindo algo histórico: o ano en que a Terra soa obrigou ao mundo a deterse"

 

Antes de nada, espero que esteades tod@s ben, que vivades este parón forzoso o mellor posible e que vos esteades coidando moito. Déixovos unhas tarefas para facer ao longo destes días. Saúde!

 

Recoméndovos escoitar a canción de Rozalén con Estopa: "Vivir" e que reflexionedes sobre ela.

 

1º ESO:

1.- Que celebramos en Semana Santa?

2.- Ordena cronoloxicamente os seguintes acontecementos relacionados coa Semana Santa e fai unha breve explicación de cada un deles:

          Resurrección

          Crucifixión

          Oración no Monte das Oliveiras

          Institución da Eucaristía

           Entrada en Xerusalén

          Xuízo

          Xesús é azoutado e coroado con espiñas

 

https://www.google.com/search?q=semana+santa+dibujos&tbm=isch&source=iu&ictx=1&fir=o6BaEy9YdRei_M%253A%252CdYKItTBxAiLOZM%252C_&vet=1&usg=AI4_-kQSYSFDjd4249fxpI4SzL0LGeZeQw&sa=X&ved=2ahUKEwiI54ax26ToAhUSyxoKHcQ-D-8Q9QEwAHoECAkQHA#imgrc=o6BaEy9YdRei_M

Neste enlace podedes obter a información que necesitades.

 

2º ESO:

1.- Di cal é a festa relixiosa máis importante para os cristiáns de todo o ano litúrxico e explica por que.

2.- Que celebramos o Domingo de Ramos, Xoves Santo, Venres Santo e Domingo de Pascua?

3.- Busca en Internet unha pintura onde aparezan representados cada un deles e escribe o título da obra e o autor.

 

3º ESO: 

Nestes días, estamos vendo como o labor imprescindible dalgunhas profesións como equipos sanitarios, corpos de seguridade, traballadores da alimentación, persoal de limpeza,... axudan a que poidamos saír adiante desta crise que estamos vivindo. É agora, especialmente, cando debemos agradecer a tod@s o esforzo que están realizando. Para iso, suxírovos que escribades as vosas reflexións e busquedes exemplos de xestos solidarios, que nos momentos máis difíciles é cando máis se agradecen. Escollede algúns dos que máis vos chamaran a atención e explicade o por que.



 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet