ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2018-19

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2018-19. Como no ano anterior faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos permitan axudar aos nosos fillos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro luns 5 de novembro ás 19 horas.

Nestas sesión do primeiro trimestre trataremos un tema de vital importancia no momento actual "Videoxogos, xogos online e apostas na rede. Unha visión práctica e humana dos problemas do xogo nos adolescentes".

A charla será impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía, investigadora e docente na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Posto que é un tema que cada vez  afecta a alumnado de menor idade invitamos a participar ás familias do alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Serra de Outes.

              Grazas pola participación a esta primeira e interesante xornada.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet