POESÍA PARA O ESTÍO: " Ansias de vento"

Da man de Gustavo Fuentes Lois, alumno de 1º ESO, chéganos unha recomendación de lectura. Trátase da obra poética do seu tío, Gustavo A. Lois Dosil, xa falecido, publicada no libro "ANSIAS DE VENTO" (1996) , gañador do premio María Soliño.

Deixamos aquí un dos seus poemas, agradecendo a Gustavo o feito de que nos dera a coñecer a obra dun autor local.

BLUES DOS OLLOS DA NOITE (1991)

Xa sei que non teño

cara de anxo,

quizabes porque hai tempo

que me botaron do ceo.

Non semello un rapaz,

debe ser porque ao meu reloxio

gústalle correr moito.

Non che podo dicir que xogo limpo,

que te podo levar polo camiño do ceo.

Son un tahur que camiña ao inferno

pero podo dar un rodeo e levarte onde queiras.

Non son unha valla publicitaria de un metro ochenta,

non podo dicirte que eres a única

estrela que brilla no meu ceo,

pero si a máis desexada e soñada.

Os teus raios son os únicos

que dende hai tempo iluminan o meu camiño.

Non te podo prometer

estar sempre ao teu lado,

meu barco sae mañá,

e quizabes non volva.

Non che podo deslumbrar,

pero podo amarte toda a noite

convertir a noite nun soño

que se fará realidade.

Acórdate que hoxe é sempre

e nunca chega mañá.

 

Powered by Drupal - Design by artinet