Skip to Content

Renovación do Consello escolar [2021]

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

As prazas que cómpre renovar nesta convocatoria son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: unha praza.
  • Representación do alumnado: catro prazas.
  • Representación do profesorado: cinco prazas.

O proceso de renovación iníciase co sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, un órgano que está integrado polo director do centro, un docente, un pai/nai/titor legal, un representante do persoal non docente e un alumno ou alumna. Este sorteo terá lugar na área de Dirección ás 10:30 horas do 29 de outubro de 2021.



story | by Dr. Radut