COVID 19

DISTRIBUCIÓN ALUMNADO NO RECREO NOS DÍAS DE CHOIVA

A día 28 de xaneiro foi aprobada no Consello Escolar a modificación do punto 50 do Plan de Adaptación á situación COVID-19, no que se recolle a distribución do alumnado nos días de choiva, coa finalidade de rotar os espazos que ocupan os diferentes grupos.

A nova distribución é:

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Alumnado destinatario:

  • O alumnado matriculado en ESO que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

  • O alumnado que non fose beneficiario da axuda pero:

    • que pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €

    • Que estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

    • Que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda familiar)

 *IMPORTANTE: O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar NON ten que presentar a solicitude. É beneficiario das máscaras directamente.

 

Presentación de solicitudes:

  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente utilizando o formulario (Anexo I e Anexo II)

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Do 16 ao 27 de novembro de 2020

 

Documentación:

  • A documentación que debe presentar é a incluída no artigo 9 da citada Orde (máis información na secretaría do centro).

Orde da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32480

 

 

ACTUALIZACIÓN PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

Tendo en conta a versión do 4/11/2020 do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICA PARA O CURSO 2020-2021 actualizouse o Plan de Adapatación á situación COVID-19.

Salientamos a modificación da Enquisa de Autoavaliación:

FERRAMENTAS DIXITAIS

Compartimos titoriais elaborados por tres profesoras do centro, Conchi (uso da Aula Virtual), Xoana (subir arquivos en PDF) e Monique (subir tarefas de vídeos sen que pesen demasiado):

 

USO DA AULA VIRTUAL

SUBIR ARQUIVOS EN PDF

TAREFAS DE VÍDEO

Moodle | Mancomún

No seguinte enlace tedes información sobre a aplicación abalarMóbil:

APP DE COMUNICACIÓN abalarMóbil FAMILIAS

 

 

Desde o seguinte enlace accededes a un videotitorial sobre o uso de Webex: 

SERVICIO DE VIDEOCONFERENCIAS WEBEX (ALUMNADO)

 

 

ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE CONTINXENCIA

 

A día 10 de novembro foi actualizado o Plan de Continxencia,  que ten por finalidade establecer as medidas necesarias para garantir a continuidade do proceso educativo de xeito non presencial e os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o cese da actividade presencial nun aula, etapa educativa ou en todo o centro.

Nesa actualización do Plan de Continxencia inclúense os horarios do alumnado para os supostos do ensino a distancia.

O máis salientable para as familias e alumnado está resumido no seguinte documento:

RESUMO FAMILIAS ACTUALIZACIÓN PLAN DE CONTINXENCIA DO IES PINO MANSO

Atentamente, 

O equipo directivo.

La tarea más importante | Rafael Hernampérez

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

Conforme os protocolos COVID, tras un caso positivo, Sanidade confinou a día 28 de outubro e ata o 9 de novembro a aula de 3º ESO B e parte do seu profesorado.

Atentamente,

o Equipo Directivo.

Distribuir contido