Skip to Content

Blog

Feliz Día do Libro 2020

Nestes tempos de muíños e xigantes, o alumnado de 3º ESO do IES Perdouro, lánzase á aventura combaténdoos coas mellores armas e agasállavos coas extraordinarias letras de don Miguel de Cervantes sobre o amor, a xustiza e a liberdade. Feliz Día Internacional do Libro 2020!

Entroido en banda deseñada

O alumnado de 2º ESO de Reforzo de Lingua imaxinou unha historia onde eles mesmos ían ser os protagonistas. Repartiron as tarefas en canto idearon o conto. Noemie fixo os debuxos, Cristina e Lucía colorearon, Yoselin e Sar pasaron a limpo os diálogos. Aquí está o resultado que estivo exposto nas escaleiras do hall de entrada.

Día de Rosalía de Castro - Encontro con Antía Yáñez

Onte estivo Antía Yáñez, ex alumna do centro e enxeñeira de Camiños, visitando o seu colexio da infancia e os institutos de Burela. Antía foi recibida na biblioteca por un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO  que leron varios poemas de Rosalía de Castro. A Continuación deuse paso á lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro a cargo do alumnado de 1º CS Administración e Finanzas. Logo a escritora e convidada do día contestou a unha batería de preguntas que lle tiña reservada o alumnado de 2º de ESO sobre a súa participación en certames literarios, a súa formación como escritora nobel, a súa inspiración á hora de escribir, temática, persoaxes, a súa paixón pola lectura dende moi pequena. Preguntaron tamén pola segunda parte do Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) que se chamará o Misterio do Torques de Burela. Falou da súa novela para adultos Senlleiras  (Galaxia, 2018) e da obra infantil A Reconquista (Baia, 2018), merecedora do premio Fina Casalderrey pola Igualdade. Tamén anunciou próximas publicacións pendentes como Be water. No final do encontro, houbo tempo para as dedicacións e Antía asinou uns cantos exemplares. 
Foi un acto emotivo no sentido de que Antía, alumna do centro, usuaria da biblioteca e oínte de moitas charlas que organizamos, se convertise en protagonista esta vez e blanco de todas as miradas entre as paredes que a viron medrar.

Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Tamén podes escoitar o programa especial que fixemos en Radio Burela previamente a súa visita sobre Antía Yáñez.


Podcast Especial Antía Yáñez

Programa especial Modelo Burela dedicado á obra literaria da escritora Antía Yáñez (Burela, 1991). Conducido por Karina Parga e Cristian Gómez Mesa, este documento didáctico contén colaboracións de Francisco Castro (Editorial Galaxia), Carme Cociña (IES Monte Castelo -Burela), Xulia Rodríguez (IES Urbano Lugrís-Coruña) e diversas representacións do público lector. Como complemento, inclúe catro temas musicais directamente relacionados co contido dos libros O Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) e Senlleiras (Galaxia, 2018).

Non deixes de escoitar o noso programa especial.


Axenda cultural da Mariña

AXENDA CULTURAL


Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR!

 
#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

Axenda cultural deste fin de semana

AXENDA CULTURAL

 

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

Axenda cultural da Mariña

AXENDA CULTURAL

 

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

Actividade de escritura creativa

Os alumnos/as de 1º de ESO fixeron unhas greguerías en Lingua Castelá relacionadas coas estacións invernais que ilustraron con debuxos feitos a man. Aquí tedes o resultado do seu traballo.
 

Acto de Presentación da revista Maruxía nº 24

 

Fallo Concursos Os Matos 2018

 

Proxecto Neo - Radio Educativa

Non deixes de escoitar o noso programa semanal radiado por Radio Burela.

Os mércores de 5 a 6 da tarde emitimos en directo.

Tamén podes escoitarnos cando e onde queiras na radio á carta.

Proxecto Neo

Obradoiro de escritura medieval - Ex-libris

23 de abril - día do libro
A mesma hora e o mesmo lugar, mais ese luns foi diferente. Non iamos ter as mesmas clases que de costume. Nas horas das materias de Física e Castelán, dúas relatoras convidadas explicáronnos as diferentes formas que tivo a escrita ao longo da historia e mostráronnos desde un pequeno taboleiro de cera até unha réplica do pergamiño Vindel. Que é o pergamiño Vindel? Eu tamén o preguntaba até que nos explicaron que se trata dun manuscrito que recolle as cantigas de Martín Codax, grande poeta do século XIII. 

Leonardo e os fontaneiros, adaptación teatral

Entrevista a Ana Carreira de Ubú Teatro
 
Laura Rodríguez, Laura García, María Lestao e Irene Basanta
Transcrición de Yaiza Rivas, Andrea Santos e Laura Rodríguez
 
Ana Carreira é actriz e dramaturga e é unha das protagonistas na obra Leonardo e os fontaneiros, adaptación ao teatro da obra narrativa do mesmo nome de María Victoria Moreno.
O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu á representación desta obra da Compañía Ubú Teatro e Laura Rodríguez, María Lestao e Irene Basanta, estudantes de 1º de ESO, aproveitaron para facerlle unha entrevista a Ana Carreira.

A idea desta obra era representar un pouco as trasnadas dos nenos, pero falando desde o futuro, porque vosoutros en realidade representades a Begoña e a Antón falando do que fixeron no pasado, cando eran nenos.

Viaxe a Lugo - 4º ESO

CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS
 
O mércores 4 de abril os alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Perdouro fomos de viaxe de estudos ao centro de artesanía e deseño de Lugo. A exposición de intrumentos do Centro de Artesanía e Deseño está formada por fondos da antiga sección do Museo Provincial de Lugo e de producción propia a través de traballos de investigación, doazóns e adquisicións de particulares, principalmente. Abarca pezas tanto do patrimonio musical galego como procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos e obxectos sonoros, e réplicas de iconografía musical.

Con Gloria Fuertes, celebrando a poesía

Por fin están expostos os poemas de Gloria Fuertes e as ilustracións personalizadas, un traballo plástico realizado polo alumnado de 1° ESO en lingua castelá e debuxo para celebrar o día da poesía e a chegada da primavera.  
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut