Skip to Content

Premios 2011-2012

Presentación da revista escolar da Asociación cultural “Os Matos” Maruxía nº 18

O pasado xoves 21 de xuño, na biblioteca do IES Perdouro, Juan Sama, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do EDNL, e mais o alumnado de 1º de bacharelato presentaron a revista escolar Maruxía nº 18, acompañados por Ramón Blanco e Laura Ramos, ex-alumna do centro.

 

Esta publicación,  editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico. Nesta ocasión, a revista contou cun novo equipo de redacción e maquetación formado polo alumnado de 1º de Bacharelato que foron os principais responsables da elaboración da revista.

 

Revista Maruxía en PDF aquí.

Ademais disto, entregaronse os premios do VI Concurso de poesía e relatos curtos convocado anualmente no IES Perdouro pola Asociación Cultural "Os Matos". As obras gañadoras aparecen publicadas no número de Maruxía deste curso e os premiados recibiron un diploma e uns agasallos.

"VI Concurso de Poesía e Relatos Curtos"  Tema "Persoas emprendedoras"

Na categoría 4º ESO:

 - 1º Premio: Laura Bella Lindín 
 - 2º Premio: Pablo Costa Cancio

Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:

 - 1º Premio: Sabela Blanco Baño (1º Bacharelato)
 - 2º Premio: Nélida Fernández Fernández (2º Bac.)

1º PREMIO NO TROFEO COLOR ART DE L'ORÉAL

Malvin Pineda, en recollido, e Gelen Burgos, en corte, ámbalas dúas alumnas do CM de Perruquería, acadaron o 1º Premio do Trofeo Color Art de l'Oréal, certame que tivo lugar este martes 15 de maio en Bueu.

Noraboa rapazas! e o noso respectuoso recoñecemento o labor dos vosos profesores, Nuria Fernández e Javier Rouco, Elena Canay e Luis Ramilo!

Referencia do premio no portal xa Xunta: aquí

GAÑADORES DO IV CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

Alumnos de electrónica do IES Perdouro, gañadores do IV Concurso Galego de Robótica

Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O IV Concurso Galego de Robótica realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot  que tiña que superar unha serie de retos. A competición durou cinco días e nela participaron equipos de toda Galicia.

O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi para o equipo formado por David Quelle Sanjuán, Martín Ramos Loredo e Arturo Mon Geada. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Distribuir contido


by Dr. Radut