Skip to Content

Prácticas de alumnos de mecanizado en Alemaña

Dous alumnos do IES Perdouro seleccionados pola fundación PAIDEIA para facer aprendizaxe no país xermano

Rubén Alonso e Alberto Cabana, alumnos do ciclo medio de Mecanizado realizarán  prácticas na cidade alemá de Karlsruhe. Convivirán co cadro de persoal de empresas do sector do metal durante un mes con opción a unha prórroga e incluso a un posterior contrato de traballo.

Antes de viaxaren a Alemaña, os citados alumnos están recibindo nas instalacións da fundación PAIDEIA formación sobre a lingua, estilo vida e costumes do país de acollida. A viaxe, prevista para o día 26 de abril, estará cofinanciada pola fundación PAIDEIA,  o programa IdA (Integración a través de Intercambio) e o Fondo Social Europeo. Estas entidades tamén se farán cargo dos gastos da estancia e a formación dos dous mozos da Mariña.

O IES Perdouro está promovendo actualmente este tipo de actuacións para apoiar o alumnado na busca activa de emprego e na adquisición de experiencias internacionais.

 Rubén e Alberto -á dereita- cubrindo o pasaporte europeo en lingua inglesa



page | by Dr. Radut