Skip to Content

Distribución de máscaras entre o alumnado

Xúntase a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

Ten que presentar solicitude o alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo para presentar esta solicitude é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Publicación no taboleiro de anuncios do centro da listaxe provisional de solicitudes excluídas* e concedidas: 29 de novembro de 2021.

*En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Publicación no taboleiro de anuncios do centro, da listaxe definitiva de solicitudes escluídas e concedidas: 2 de decembro de 2021.

Xunto coa publicación da listaxe definitiva anunciarase o procedemento para a entrega das máscaras.



page | by Dr. Radut