Skip to Content

Admisión Ciclos: prazo de MATRÍCULA do 20 ao 26 de xullo ás 13h

O próximo martes 20 de xullo publicarase a listaxe da primeira adxudicación de prazas de ciclos formativos para o curso 2021-22 (alumnado que accede ao 1º curso do ciclo ou repite 1º curso).

Se che é adxudicada unha praza, debes matricularte ou renunciar á mesma (prazo do 20 ata o 26 de xullo ás 13 horas)

Se non che foi adxudicada unha praza, tamén podes matricularte directamente nas prazas vacantes liberadas (nº limitado). Neste caso a matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso. As listaxes de prazas liberadas publicaranse a partir do día 20 de xullo.

Matrícula do alumnado con praza adxudicada:

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o 20 ata o 26 de xullo ás 13:00 horas. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Documentación a achegar para a matrícula en prazas adxudicadas:

  • Documento acreditativo orixinal do requisito de acceso (certificado, título)
  • Formulario de matrícula ou renuncia (facilítase na secretaría)
  • DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
  • Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Tarxeta sanitaria
  • Tres fotografías tamaño carné

Matrícula vía web: Tamén podes solicitar a túa matrícula mediante a aplicación web ciclosadmision. Nete caso, deberás presentar a documentación que se indica máis arriba durante a primeira semana de clase. Se o que desexas é renunciar á praza que che adxudicaron para seguir optando ás que solicitache con maior prioridade, tamén podes facelo vía web.

Máis información:

No portal de FP podes consultar toda a información que ofrece a Consellería de Educación:

Información xeral de admisión de ciclos 2021-22

Admisión. Curso 2021/2022

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2021-2022

Tamén podes contactar co IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.gal
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro



page | by Dr. Radut