Skip to Content

Pais/Nais

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE SECUNDARIA E CICLO BÁSICO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 2 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de ESO
  • 19:00 h. 2º, 3º e 4º de ESO.
  • 19:30 h. 1º e 2º de CB de Electricidade e Electrónica.

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán na aula de referencia.

PRESENTACIÓNS E INICIO CURSO 2023-2024

O tempo estimado de duración para as presentacións será de: 45 minutos.

O alumnado dirixirase ao salón de actos na hora indicada para o seu curso, e despois dunha breve presentación, serán acompañados polo profesorado titor de cada grupo ás súas aulas correspondentes.

Dado que o salón de actos está sito nun lateral do patio central, prégase non atravesar o edificio principal para o acceso a dito recinto.

As clases empezarán o martes 12, en horario habitual para todos os niveis.

AVISO: Non se disporá de transporte escolar o luns. As rutas de transporte comezarán o martes. O alumnado pode solicitar información na presentación se o precisa

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS curso 2022_23

Clicando na imaxe podedes acceder a relación do profesorado do Centro e a hora de atención ás familias de cada un dos profesores no Curso 22_23

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 9 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

CORREO ELECTRÓNICO PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Poñemos a vosa disposición un novo correo electrónico para solicitar cita previa e ser atendidos/as presencialmente no instituto:

citapreviafloriani@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut