Skip to Content

Familias

INICIO CURSO 2021-2022

Estimadas familias,

Informámoslles que o novo curso escolar 21-22 comezará o vindeiro mércores 15 de setembro coas presentacións para o alumnado. Desafortunadamente, un ano máis a causa do protocolo Covid, os pais e nais non poderán asistir ás presentacións, pero recibirán toda a información necesaria a través das canles oficiais como Abalar, a  páxina web, ou a través dos  seus fillos/as.

Mañá venres día 10 publicaranse  os horarios de presentacións dos cursos así como as instrucións.

Moito ánimo para este curso que comeza e unha aperta para todas as familias.

A Dirección do IES Pedro Floriani

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

Achéganse os libros de texto por cursos e materias para o vindeiro curso 2021 - 2022. En todos os cursos da ESO temos concedido o proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto para mercar.

Recoméndase non escribir o nome nos libros de texto ata comprobar  co profesorado, na aula, que son correctos.

Neste enlace poden consultarse os libros para Bacharelato e Ciclos.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES CICLOS FORMATIVOS

Toda a información está no portal de FP da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

O día 12 de xullo, publicarase no portal:http://edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022 a listaxe provisional de solicitantes de ciclos formativos.

Prazo de reclamación á listaxe provisional: 12 de xullo, dende ás 09:00 horas, ata o 14 de xullo, ás 13:00 h., a través da aplicación: reclamacións.

Para obter o código persoal de consulta: CPC (introducindo o DOI/DNI e o código da solicitude).

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUÍDAS NO PROCEDEMENTO DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (vale para material escolar 50.-€)

O día 12 de xullo, pode consultarse no centro, en horario de 09:00 a 13:00 horas, a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de axudas para a adquisición de MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de reclamacións: martes 13 e mércores 14 (ata as 13:00 horas)

Toda vez que o centro participa no PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL), o alumnado queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Téñase en conta que ao estar dentro do proxecto E-Dixgal para o vindeiro curso, non haberá axudas para a adquisición de libros de texto en ningún curso de Educación Secundaria.

Ver a Orde DOG 20 maio

VÍDEO PRESENTACIÓN

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

A listaxe provisional de admitidos/as do Fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar para o vindeiro curso pódese consultar en:

  • Taboleiro de anuncios do instituto.
  • Telefonicamente no 886 120 413
  • Telematicamente mediante a Chave365

Prazo de reclamacións á listaxe: 15 e 16 de xullo de 2020.

RECORDATORIO: O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL REMATA O 19 DE XUÑO

O prazo para a presentación das solicitudes do fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar para o curso 2020/2021 remata o 19 de XUÑO de 2020 (Orde de 12 de maio, DOG 19 de maio).


Toda a tramitación faise a través da aplicación http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

No caso de presentar a solicitude no centro, pedirase cita previa.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019.


Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Convocatoria para participar no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e axudas para o MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/19
ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. (DOG 21/MAIO/2018)
PRINCIPAIS DATAS:
Presentación solicitudes Do 22 de MAIO ao 22 de XUÑO
Listaxe provisional solicitudes admitidas/non admitidas 12 XULLO
Reclamación listaxes provisionais 13 e 14 XULLO
Listaxe definitiva solicitudes admitidas/non admitidas 14 SETEMBRO
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Presencialmente: Na secretaría do centro:  ENLACE Á SOLICITUDE
Telemáticamente.- Nos seguintes sitios web:
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:
Necesariamente, as persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos membros computables unidade familiar).
b) Copia do LIBRO DE FAMILIA onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia emitido polo Concello.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Ademais, se é o caso, a documentación xustificativa nos supostos de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familia; violencia de xénero no ámbito familiar; acollemento, tutela ou garda do alumno/a, entre outros supostos (Artigo 12 da Orde).
Distribuir contido


by Dr. Radut