Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Estas son algunhas actividades que se organizaron no centro entre os diferentes departamentos de Educación Física, Ciencias, Lingua Galega, Inglés e o Club de Letras para a celebración do 8-M, Día Internacional da Muller e que aparecen publicadas no Faro de Vigo:

  • "Súbete ao step da igualdade", Vídeo da actividade coreográfica na que o alumnado de 2º ESO a 1º Bacharelato representará con steps e mensaxes en clave feminista os chanzos que aínda quedan por subir.
  • Mulleres e ciencia: Fíxose un estudo das mulleres destacadas no ámbito das ciencias en relación aos homes en porcentaxes. A partir deste estudo elaborouse un panel que decora a entrada principal do centro, contouse coa colaboración do contrato programa IGUÁLA-T.
  • Pioneiras: Esta actividade que forma parte do proxecto de intercambio cultural online “Escornavoice” con alumnado australiano, en 1º Bacharelato, busca a difusión das mulleres da cultura galega.
  • Linguaxe inclusiva e igualdade. Encontro con Josua Alonso Mateo e alumnado de 2º Bacharelato.
  • Punto lector feminista: Na biblioteca escolar Bibliofloriani hai un punto lector cunha escolla de libros de temática feminista.
  • Encontro musical: As actividades en torno a esta data rematarán o vindeiro luns 15 co encontro musical con 2naFronteira coa compositora Carmen Penim en torno aos seus discos “Herdeiras” e “Cantos de vento e sal”.



page | by Dr. Radut